981880075
Seleccionar página
A compostaxe doméstica, unha realidade en Santa Comba.

A compostaxe doméstica, unha realidade en Santa Comba.

A compostaxe doméstica, unha realidade en Santa Comba.

En Santa Comba, a 7 de xuño de 2023.

O Concello de Santa Comba quere expresar o seu máis profundo agradecemento a toda a veciñanza que participa activamente no proxecto de compostaxe doméstica. O seu compromiso e entusiasmo foron vitais para impulsar esta iniciativa e promover prácticas sostibles na comunidade.

Grazas á valiosa colaboración de cada fogar que se uniu ao programa de compostaxe doméstica, conseguíronse importantes avances na loita contra o cambio climático e na procura dun futuro máis sostible. A redución da cantidade de residuos orgánicos que chegan aos colectores da rúa, grazas a esta iniciativa, permite pechar o ciclo da materia orgánica nos propios fogares.

É importante destacar que este proxecto non sería posible sen o apoio financeiro e o respaldo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, así como do Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Animamos a todos os veciños de Santa Comba a seguir participando en iniciativas coma esta. A compostaxe doméstica é unha forma práctica e efectiva de reducir a nosa pegada de carbono, promover a reutilización dos recursos naturais e fortalecer a resiliencia do noso entorno.

Recordamos a todas as persoas interesadas que o programa de compostaxe doméstica segue en marcha e está aberto a novas inscricións. Se desexades formar parte desta iniciativa educativa e formativa, convidámosvos a completar o formulario en liña dispoñible en https://www.elcaminosostenible.org/biorresiduos/ ou acudir directamente á casa do concello.

Para obter máis información, tamén se pode contactar a través do número de teléfono do concello (981 880 075).

Concello de Santa Comba.

CHARLA SOBRE COMPOSTAXE. Proxecto Res4ValOR.

CHARLA SOBRE COMPOSTAXE. Proxecto Res4ValOR.

CHARLA SOBRE COMPOSTAXE
Proxecto Res4ValOR.


Transformación de residuos orgánicos en fertilizantes biolóxicos de alta calidade.
O concello de Santa Comba organizou unha nova xornada de formación sobre biorresiduos. Falouse tanto da recollida en contedor marrón, que é a que se está facendo no núcleo urbán, como da compostaxe doméstica.

Dita formación está enmarcada dentro do proxecto ResValOR ( Reducción, Reutilización, Reciclado e
Revalorización de residuos orgánicos ), enmarcado á súa vez no programa Interreg VA España-Portugal (POCTEC ) 2014-2020 e financiado polo Fondo FEDER.


En dito proxecto participa Sogama, xunto coa Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade do Minho (Portugal)


Os asistentes a dita sesión foron agasallados con packs de bolsas compostables.
Cando remate o ano 2023, todos os concellos deben ter implantado un sistema de recollida de fracción orgánica, sendo válida tanto a recollida en contedor marrón como a través da compostaxe.


Cabe salientar que no concello de Santa Comba dispoñemos dos dous sistemas de recollida.
Nesta mesma xornada foron entregados composteiros ás persoas que o solicitaron.

Recordamos a todos os veciños do concello que todos os que queiran participar neste proxecto de recollida de biorresiduos, tanto na modalidade de recollida en contedor marrón como na modalidade de compostaxe, non teñen máis que poñerse en contacto co departamento de Medio Ambiente do Concello.

No caso de optar pola recollida en contedor urbano (dispoñible para os veciños do núcleo urbán do concello) faráselles entrega dun caldeiro para o fogar, onde poderán depositar os residuos, bolsas compostables e a chave que abre o contedor marrón da rúa.

No caso de que queiran optar pola compostaxe doméstica ( indespensable dispór dun terreo ) entregaráselles un composteiro co seu correspondente manual de compostaxe doméstica.

Dende o concello estamos moi agradecidos a todos aqueles que están participando connosco neste proxecto e animamos ao resto de veciños que se sumen a estas iniciativas, para así entre todos, participar na loita contra o cambio climático e a defensa do medio ambiente do noso concello.

STAND INFORMATIVO, A COMPOSTAXE DOMÉSTICA E A RECOLLIDA DE ACEITE DE COCIÑA USADO.

STAND INFORMATIVO, A COMPOSTAXE DOMÉSTICA E A RECOLLIDA DE ACEITE DE COCIÑA USADO.


LUNS, 13 DE FEBREIRO.

Hoxe colocouse no campo da feira un stand informativo onde os monitores explicaban ós veciños como
funciona a compostaxe doméstica domiciliaria, o contedor marrón para a recollida de biorresiduos e a
recollida de aceite de cociña usado.

Como todos sabedes , xa fai máis de un ano que o noso concello lle está dando solucións aos veciños
para que se desfagan dos biorresiduos sen necesidade de que estes vaian a parar o contedor verde de
R.S.U.

Por un lado, temos a compostaxe doméstica, destinada a todo aquela xente que ten un pequeño horto.
Trátase dun proceso natural que permite descompoñer os restos orgánicos do noso fogar ou xardín e
convertelos en fertilizante de calidade, que despois podemos empregar nas hortas e xardíns das nosas
casas.

Por outra banda, para todos aqueles que viven no núcleo urbán de Santa Comba, teñen a súa
disposición o contedor marrón nas rúas, que para aceder a él é necesario dispoñer dunha chave. Para
toda esta xente dispoñemos de caldeiros e bolsas compostables para depositar dentro os biorresiduos.
As chaves, os caldeiros e as bolsas poden solicitarse no concello.

Igualmente, todo aquel que esté interesado nun composteiro, pode anotarse no concello, e,
posteriormente será convidado a unha charla formativa e a entrega do composteiro.

Por último, no stand, tamén se dou información sobre a recollida de aceite de cociña usado. Dito
sistema de recollida é de reciente implantación no noso concello. Unha vez utilizado o aceite de cociña,
débese recoller e almacenar cun funil en botellas de plástico na vivenda, para unha vez cheas,
despositalas nos contedores laranxa que se atopan nas rúas. No concello tamén temos a disposición de
todos aqueles que queiran funis para dito proceso.

Todo isto e moitas máis cuestións, foron explicadas polos monitores que hoxe estiveron no stand
informativo do campo da feira, ó que acudiron a alcadesa de Santa Comba, María Josefa Pose
Rodríguez e a concelleira de Deportes, Silvia Cancela Blanco.
Calquera persoa que esté interesada en iniciarse en este tipo de recollidas pode informarse no
departamento de Medio Ambiente, ubicado na Casa do Concello.

Con estas novas iniciativas que o concello puxo en marcha todos poderemos participar na loita contra o
cambio climático e a defensa do medio ambiente no noso concello.

O CONCELLO DE SANTA COMBA CONTINÚA COA COMPOSTAXE DOMÉSTICA

O CONCELLO DE SANTA COMBA CONTINÚA COA COMPOSTAXE DOMÉSTICA

INÍCIASE UNHA NOVA CAMPAÑA NA QUE NOVAS FAMILIAS PODERÁN SOLICITAR O SEU COMPOSTEIRO. APUNTARSE AO PROGRAMA SERÁ GRATUÍTO E PODERÁ FACERSE DE FORMA PRESENCIAL, TELEFÓNICA OU ONLINE.

Dende o Concello anímase á veciñanza a inscribirse ao proxecto de compostaxe doméstica, implicando así a Santa Comba na loita contra o cambio climático. Este proxecto axuda a acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e reducir a pegada de carbono pero tamén proporcionará un abono sostible para as hortas dos veciños/as.

Con esta aposta pola compostaxe preténdese que os residuos orgánicos xa non cheguen aos colectores da rúa, pechando así o ciclo da materia orgánica nos propios fogares.

A iniciativa conta coa financiación da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, contando con fondos europeos NextGenerationEU.

A participación no programa é de balde, únicamente é  necesario apuntarse acudindo ao concello ou chamando ao 981 880 075. Tamén é posible inscribirse completando un formulario online (https://www.elcaminosostenible.org/biorresiduos) ou enviando un correo electrónico a biorresiduos@elcaminosostenible.org.

Unha vez inscritas as familias, serán contactadas vía telefónica para proceder á entrega do composteiro e de un manual.

A veciñanza terá a súa disposición o número de teléfono 690 145 190 (chamadas e WhatsApp) e o correo electrónico biorresiduos@elcaminosostenible.org para resolver calquera tipo de dúbida sobre compostaxe durante un ano. Este servizo está atendido por un biólogo experto en compostaxe.

O único requisito para formar parte deste programa é ser veciño/a do Concello, ter un pequeno xardín ou terreo e estar disposto/a e motivado/a para formar parte deste proxecto educativo e formativo.

CAMPAÑA DE RECICLAXE DE ACEITES DE COCIÑA

CAMPAÑA DE RECICLAXE DE ACEITES DE COCIÑA

Xa están aquí os contedores para a recollida separada de aceite de cociña usado!

No Concello de Santa Comba apostamos polo cumprimento das directrices europeas en  materia de residuos. Entre elas, se atopa a obriga de establecer a recollida separada dos  residuos perigosos de orixe doméstica, onde se inclúen os aceites de cociña.

Para elo, poñemos en marcha unha campaña de concienciación e sensibilización para a  separación de aceites de cociña usados e a súa reciclaxe co obxectivo de incentivar o  uso dos diferentes colectores de aceite adquiridos polo Concello de Santa Comba.

Como participar na campaña?

Para a cidadanía, terán  dispoñible o material informativo e os funís na Casa do Concello e un QR nos  contedores da rúa que dirixe ao usuario a toda a información da campaña na web!

Para grandes produtores, como establecementos hostaleiros, colexios e demais edificios  de titularidade pública, facilitarase a información e ofrecerase a  recollida do aceite producido por parte dun axente autorizado mediante a cesión de  bidóns. 

Para calquera dúbida sobre a reciclaxe ou o proceso de adhesión podes contactar co  Concello a través do número de teléfono 981 88 00 75 ou enviando un correo electrónico  a medioambiente@santacomba.es 

Coa participación na campaña de reciclaxe de aceites de cociña usados estarás  axudando a:

o Reintroducir un residuo no ciclo produtivo que sirve como materia prima para a  elaboración de novos produtos.

o Cumprir cos obxectivos europeos de produción de enerxía renovables a través  da produción de biocombustibles.

o Coidar o medio ambiente minimizando un residuo especialmente contaminante. o Evitar emisións de COá atmósfera. A valorización dos aceites mediante a  fabricación de biodiesel supón evitar as emisións de COprocedente do gasóleo  substituído.

Grazas pola túa colaboración!