por Administrador | Abr 10, 2007 | Rios, fontes e augas
ESTACIÓNS DE MOSTRAXE DE AUGAS SUPERFICIAIS (DISTINTOS TREITOS DO RÍO XALLAS E OS SEUS AFLUENTES)
MOSTRAXE Nº 23: RÍO XALLAS 1. AGRA DE BAZAR (BAZAR)
LOCALIZACIÓN: A entrada de Bazar nun desvío á dereita, nunha ponte que hai a uns 200 m.
OBSERVACIÓNS: Trátase dun río de baixo caudal que nace na conca do Monte Castelo que xunto a outros regatos dan lugar ó inicio do Río Xallas. Non se distinguía ningún tipo de olor ou cor en particular. As augas transcorren claras. Os veciños utilizan o lugar para encher os tractores cisterna e lavar os pozos negros.
MOSTRAXE Nº 24: RÍO XALLAS 2. REGO DE BAZAR (O CARBALLAL – BAZAR)
LOCALIZACIÓN: Na entrada ó Carballal, collemos un camiño de pedras á esquerda. A mostraxe tómase xusto onde o regato atravesa o camiño.
OBSERVACIÓNS: É un río de baixo caudal que nace na conca do Monte Castelo. É un dos regatos que dan lugar ó inicio do Río Xallas. Non se observa nin cor, nin olor, só unha lixeira escumación ó lado do camiño.
por Administrador | Abr 10, 2007 | Rios, fontes e augas
ESTACIÓNS DE MOSTRAXE DE AUGAS SUBTERRÁNEAS (FONTES PÚBLICAS, POZOS E DEPÓSITOS)
As augas subterráneas constitúen un importante elemento do ciclo hidrolóxico terrestre e un dos recursos hídricos menos estudados, que poden definirse como aquelas augas que se atopan nas capas inferiores da terra, circulantes ou estancas, constituíndo os acuíferos que afloran á superficie da terra polas fontes ou mananciais ou que é extraída por medio de pozos.
por Administrador | Abr 10, 2007 | Rios, fontes e augas
CARACTERIZACIÓN FÍSICO-QUÍMICA DAS AUGAS DE SANTA COMBA
Por cuestións técnicas algunhas mostras tomáronse nos límites do Concello de Santa Comba ou fóra deles, co obxecto de ter unha información máis fiable da calidade das augas, sobre todo, nas mostras obtidas no Río Xallas, co obxecto de poder obter información do mesmo no seu inicio, o seu paso polo Concello de Santa Comba e a saída deste.
A continuación indícanse os resultados dos parámetros utilizados e as conclusións obtidas en base os índices de calidade. Como resumo de todo isto, podemos indicar que neste municipio a causa máis importante dun deterioro da calidade das augas subterráneas, como consecuencia da acción humana, é a das prácticas agrícolas, o uso de fertilizantes, pesticidas, fertilizantes de tipo orgánico, o aumento da construción de foxas sépticas é o estercado dos terreos con residuos animais. Os residuos líquidos e a materia orgánica resultante da cabaña de animais dan lugar, tamén, a unha contaminación de tipo orgánico.
Estas prácticas afectan as augas de distinta forma dependendo da zona onde se atopen, pero, en xeral, ás augas do Concello pódense considerar como frías, refrescantes, claras, agresivas para as conducións e canalizacións, de baixa dureza, cálcico-sodicas, de boa calidade, non potables pero sanitariamente permisibles para a bebida situadas na categoría 12 (abundancia e tratamento simple), e para o baño situadas na categoría 11 (abundancia e aceptables), todo iso coas reservas e puntualizacións indicadas máis concretamente nas seguintes conclusións:
(más…)
por Administrador | Abr 10, 2007 | Rios, fontes e augas
RÍO XALLAS : RÍO ÚNICO EN EUROPA EMBLEMA DUNHA BISBARRA
O emblema desta bisbarra é o río Xallas, que lle dá nome a esta, a numerosas empresas e a pequenos
comercios, incluso a un equipo de fútbol. Pero a comezos do século X o Río Xallas, denominábase
Río Esar e estas terras que agora chamamos do Xallas, formaban parte dunha ampla unidade coñecida
como Célticos. Ao longo da historia, o río Xallas tamén foi coñecido como Lézaro ou Ézaro, nome que
na actualidade identifica o lugar onde desemboca.
(más…)