Río Xallas. Elemento definidor da bisbarra que drena e articula a paisaxe. Recolle cursos de auga mentres
cruza o concello de Nordeste a Sudoeste, e divide o municipio nunha parte norte e outra sur, para
proseguir por Mazaricos e desembocar na ría do Ézaro no municipio de Dumbría. Era o único río de
Europa que desembocaba en fervenza ata a súa canalización por unha hidroeléctrica. Na actualidade
só sucede este fenómeno en épocas de copiosas e contínuas chuvias, e con fins turísticos en días concretos
do verán. (Falamos máis amplamente deste tema nun capítulo específico).