Santa Comba é un punto neurálxico da movida nocturna no noroeste da provincia da Coruña. Preto de
50 locais de ocio nocturno e tres discotecas concentran a unha media de 5.000 persoas nas noites do
sábado. A rúa Galicia e outras do contorno deseñan unha ruta de ocio nocturno á que é difícil resistirse.
Pero a historia da diversión nocturna en Santa Comba ten máis de 50 anos, cando a actual Disco Xallas
se denominaba Pista Jallas. Chegou a haber movida nocturna os sábados, domingos e luns de feira con
tres salas de festas, a citada Pista Jallas, a Jema 2000 ou a Sala Sumara, que foron testemuñas das actuacións,
entre outros, de Pedrito Fernández, Juan Pardo, Lola Flores, Manolo Escobar, ou os pallasos da tele,
nun momento de máxima popularidade co mítico Fofó. A actual movida despegou nos anos 80 en locais míticos
como o Sótano ou O Teixón, e máis recentemente o que foi o primeiro pub, tal como están concibidos
na actualidade, O Discovery, seguido de locais como A Pedra ou o Catre, xa desaparecido.
0 comentarios