Primeira etapa: Desde comezo de século dirixiuse cara a América, principalmente á Arxentina e ó Brasil
onde aínda existe unha importante colonia. É unha emigración de longa duración e en moitos casos definitiva.
Segunda etapa: Comeza a finais dos 50 e continúa na década dos 70. Diríxese cara ós países europeos,
principalmente Suíza, Alemaña e Holanda. A diferenza da primeira etapa, non é definitiva e os emigrantes
acaban retornando.
Outras: Tamén tiveron grande importancia as migracións interiores cara ó resto do Estado (Madrid, País
Vasco e Cataluña). Pódese considerar unha terceira etapa na actualidade a emigración interior cara a
Madrid, Barcelona e, sobre todo, ás Canarias. Santiago foi un importante foco de atracción entre 1970
e 1986, que absorbeu o 20% dos que marcharon. Castriz e Padreiro ofrecen as maiores porcentaxes de
emigrantes, e Santa Comba e A Pereira as que menos. (Falamos máis amplamente deste tema nun capítulo
específico).
CENSO DE EMIGRANTES (Cifras por países a abril 2005):
Total : 3.334. Brasil: 1.179. Suíza: 792. Arxentina: 762. Uruguai: 292. Venezuela: 83. Alemaña: 55. Reino
Unido: 52. Países Baixos: 30. Francia: 27. Cuba: 22. Australia: 12. EEUU: 8. Italia: 3. Andorra: 2.
Dinamarca: 2. México: 2. Canadá: 1. Chile: 1. Finlandia: 1. Grecia: 1. Guatemala: 1. Irlanda: 1.
Liechtenstein: 1. Portugal: 1. Ruanda: 1. Sudáfrica: 1.
CENSO DE EMIGRANTES (Cifras de América a abril 2005):
Total: 2.351. Brasil: 1.179. Arxentina: 762. Uruguai: 292. Venezuela: 83. Cuba: 22. EEUU: 8. México: 2.
Canadá: 1. Chile: 1. Guatemala: 1.
CENSO DE EMIGRANTES (Cifras de Europa a abril 2005):
Total: 968. Suíza: 792. Alemaña: 55. Reino Unido: 52. Paises Baixos: 30. Francia: 27. Italia: 3. Andorra:
2. Dinamarca: 2. Finlandia: 1. Grecia: 1. Irlanda: 1. Liechtenstein: 1. Portugal: 1.
CENSO DE EMIGRANTES (Cifras de Australia a abril 2005):
Australia: 12
CENSO DE EMIGRANTES (Cifras de África a abril 2005):
Total: 2. Ruanda: 1. Sudáfrica: 1.
CENSO DE EMIGRANTES (Cifras provinciais a xaneiro 2005):
1.A Coruña: 11.773. 2. Santiago de Compostela: 5.451. 3. Carballo: 4.270. 4. Val do Dubra: 3.493. 5.
Santa Comba: 3.427