Situada na faixa prelitoral do Atlántico galego, esténdese entre as serras centro occidentais e o
Atlántico, concretamente na chaira occidental coruñesa, que comprende os espazos xeográficos do Val
do Dubra, Val de Barcala, Terra de Soneira, Xallas, Vimianzo e As Mariñas, caracterizadas por ser
terras amesetadas con predominio de superficies de aplanamento cortadas de norte a sur pola foxa
meridiana e de leste a oeste por cursos de varios ríos.
0 comentarios