PATRIMONIO HISTÓRICO-ARTÍSTICO (Igrexas parroquiais):
Santa María de Alón Construída: Entre 1773-1782 Estilo: Barroco
Construía polo arquitecto Manuel Varela, sendo arcebispo de Santiago Alexandre Bocanega.
San Vicente de Arantón. Construída nos séculos XVIII e XIX. De estilo barroco, con planta de salón dunha soa nave dividida en tres treitos
Santa María de Bazar. Construída: Século XVIII .Estilo: Barroco
En 1945 debido ó estado case ruinoso leváronse a cabo importantes obras de reconstrución
San Pedro de Xallas de Castriz. Construída: Século XVIII. Estilo: Barroco
A actual bóveda de canón sobre arcos faixóns foi construída en 1854.
San Pedro de Cícere. Construída: XVIII. Estilo: Barroco
Reconstruída no primeiro terzo do século XVIII a expensas do bispo de Tarazona Fr. García Pardiñas
Santa María de Esternande. Construída: Século XIX. Estilo: ¿?
Os muros de carga son feitos en cachotaría, agás as esquinas e marcos das portas que son de cantaría.
San Martiño de Fontecada Construída: Século XVIII Estilo: Barroco
Foi trasladada desde o lugar coñecido como O Saltadoiro. Ten un reloxo de sol. A imaxe do cabalo é de 1767
San Fiz de Freixeiro. Construída: Século XII e XIII . Estilo: Románico
Reconstruída no séc. XVIII. É unha das dúas igrexas de estilo románico que se conservan no concello
San Xoán de Grixoa. Construída: Século XVIII . Estilo: Barroco
A fachada ten unha esvelta espadana formada por dous ocos rematada nun peite pétreo decorado con volutas
San Cristovo de Mallón. Construída: Séculos XIII e XIX. Estilo: Románico
Mostra unha fachada que sae da tipoloxía habitual do concello.
Santa María de Montouto. Construída: Nos séculos XIX e XX. Estilo: Ecléctico
O campario é de formigón e foi engadido no século XX. Reconstruída en 1949-1950
San Salvador de Padreiro. Construída: Remada o 06/08/1952. Estilo: ¿?
Érgueuse por iniciativa do crego D. Celestino Lema Castro despois de derrubarse a antiga de estilo barroco
Santo Andrés da Pereira. Construída: Século XVIII. Estilo: Barroco
Na fachada de cantaría apréciase unha fornela que acolle a imaxe do santo
San Pedro de Santa Comba. Construída: Ano 1960 . Estilo: ¿?
Construída polo arquitecto Andrés Fernández-Albalat. Foi reformada en 1997
San Xulián de Santa Sabiña . Construída: Século XVIII. Estilo: Barroco
O interior da nave cóbrese cunha bóveda de canón feita de morteiro de cemento.
San Pedro de Ser. Construída: Século XVIII . Estilo: Barroco
A fachada de forma pentagonal amosa unha porta con forma de lintel e moldurada.
Nosa Sª de Sta. Mª de Vilamaior. Construída: Por esmola no en 1767. Estilo: Barroco
Construíuna Gregorio González Lebozán substituíndo a outra en ruínas. Foi ampliada en 7 m. en 1950
PATRIMONIO HISTÓRICO-ARTÍSTICO (Capelas e Santuarios):
Capela do Cemiterio novo de Alón, Santa María de Alón
Construída polo vecinos en 1999 en honra á Virxe de Fátima e San Xosé. Só se emprega para funcións
relixiosas nos enterros. Debaixo da capela dispúxose un local para funcións de tanatorio.
Ermida de Santo Outel. Sabaceda, San Mamede de Bazar
Non se dispón de datos sobre a súa fundación nin cronoloxía. É unha pequena capela dunha soa nave
cunha ábsida rectangular de maior altura, e un volume pegado a un lado da cabeceira. A cuberta na
actualidade é de uralita.
Capela de Rubín. Rubín, San Pedro de Cícere
Construída no século XVIII. Estilo gótico. Poder ser a capela de San Pedro de Cícere, fundada por Juan
Prego de Montaos en 1593. Conforma un importante santuario xunto coa fonte santa de Rubín. Aínda
que é coñecida polos veciños como a Capela de Rubín a súa advocación é a de Nosa Señora da Saúde,
da que existe unha imaxe no seu interior, así como tamén un San Miguel chamado popularmente como
o demo de Rubín, e unha imaxe de Nosa Señora de Pascua.
Capela de Nosa Señora da Concepción. Fontecada, San Martiño de Fontecada
É unha capela privada, propiedade de Edelmira Berdullas Maceiras da Casa do Vinculeiro. Foi fundada
en 1772 por D. Rodrigo Antonio Pión. Debido o seu estado ruinoso foi resconstruída en 1995. É de
reducidas dimensións, de planta rectangular, dunha soa nave e cuberta feita en cemento a dúas augas.
Ermida de San Blas. Armán, San Xoán de Grixoa
Construída en 1714. Na fachada ten un grande escudo. Ten a imaxe de San Brais no interior. Segundo os
veciños, na súa orixe foi propiedade particular da casa da Torre de Bugallido (Negreira), propietaria de
todo o lugar de Armán. Posterioremente foi cedida ós veciños polos seus donos. Recentemente leváronse
a cabo reformas que afectaron á súa orixinal estética e concepción substituíndo a pedra do chan
por plaqueta, a tribuna de madeira por formigón, así como a cuberta do pórtico con bloque de uralita.
Ermida da Virxe da Mercé. Vilar de Céltigos, San Xoán de Grixoa
Construída por D. José Caramés Río en 1950. Esta pegada á casa rectoral, coa que se comunica mediante
unha porta.
Capela de Nosa Señora do Carme. Bustelo, Santa María de Montouto
Descoñécese o momento da súa construción, pero temos constancia documental da súa existencia en
1860. Capela de planta de salón feita en cachotaría con fachada pentagonal rematada cunha cruz de
pedra. A cuberta é a dúas augas con uralita e recentemente engadíronselle dous vans con forma de arco
a ambos os dous lados na nave.
Capela de Nosa Señora dos Milagres. Sta. Cataliña, San Pedro de Santa Comba
Esta capela, feita en formigón, foi levantada en 1913 e substitúe a unha anterior localizada na praza do
Concello e que desapareceu. Da primitiva capela, que era hospital de peregrinos, só se conserva un crucifixo
e unha imaxe de Santa Cataliña. Na cabeceira do lado N ten un antigo transformador da luz reconvertido
en pequeniño oratorio, coa imaxe da virxe dos Milagres na parede, debuxada en azulexo.
Ermida de San Bartolomeu. Santa Sabiña, San Xulián de Santa Sabiña
Presenta dous volumes, un máis antigo do século XIII ou XIV, que se correspondía co prebisterio e outro,
moito máis recente, feito en bloques de cantaría que se correspondería coa nave principal. En 1987,
púxoselle o tellado que non o tiña e botóuselle unha placa de formigón e tella do país por fóra.
Colocouse no interior un falso teito de madeira, rebaixouse o chan, púxoselle pedra e encintáronse as
paredes. No ano 1999 colocáronse nas inmediacións tres esculturas de gran tamaño feitas en pedra,
copias das imaxes que se acubillan no retablo da capela, a virxe, Santo Antón e San Bartolomeu, que
foron doados á parroquia por Dona Carme Duarte Negreira, quen tamén doou a mesa de mármore que
hai no interior da capela. Merece especial atención o retablo pétreo de estilo barroco con columnas
salomónicas.
0 comentarios