Subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil Axuda: Xunta de Galicia Normativa: Orde do 22 de maio de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021 – 2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código procedemento TR350E) (DOG núm. 108, do xoves 11 de xuño de 2026) O Concello de Santa Comba ven de contratar unha persoa moza inscrita Sistema Nacional de Garantía Xuvenil para o posto de peón de obras públicas, por un período de 9 meses e cunha xornada laboral do 100%. Esta contratación realízase co financiamento da subvención concedida a este Concello pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia ao abeiro da convocatoria de axudas da Orde do 22 de maio de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021 – 2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código procedemento TR350E) (DOG núm. 108, do xoves 11 de xuño de 2026). Os datos básico da axuda concedida son os seguintes: Número de traballadores : 1 Grupo de Cotización : 10 CNO : 9601 Duración do contrato (meses) : 9 Xornada laboral (%) : 100% Contía da subvención : 16.902,64 euros Importe Total : 16.902,64 euros A contratación da persoa moza traballadora tivo lugar o día 29 de outubro de 2026 por unha duración de nove meses, polo que o contrato abranguerá ata o día 28 de xullo de 2027.