981880075
Seleccionar página
MELLORA DE EFICIENCIA ENERXÉTICA DO EDIFICIO MULTIUSOS DO CONCELLO DE SANTA COMBA

MELLORA DE EFICIENCIA ENERXÉTICA DO EDIFICIO MULTIUSOS DO CONCELLO DE SANTA COMBA

MELLORA DE EFICIENCIA ENERXÉTICA DO EDIFICIO MULTIUSOS DO CONCELLO DE SANTA COMBA – OBRA COFINANCIADA POLA UNIÓN EUROPEA NO MARCO DO PROGRAMA GALICIA FEDER 2021 – 2027

Orzamento base licitación : 149.998,70 euros
Importe total adxudicación : 145.497,66 euros
Baixa/Economía : 4.501,04 euros
División en lotes : Non
Código expediente axuda : 2025/A008/000018
Código expediente contrato : 2026/C003/000002
Plan : subvencións, de carácter plurianual (2025-2026) …, para a realización de obras de eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas vinculados á prestación de servizos municipais, … cofinanciadas pola Unión Europea nun 60% no marco do programa Galicia Feder 2021-2027
Código de procedemento : PR486D

O Concello de Santa Comba ven de realizar a execución das obras comprendidas no “Proxecto de mellora de eficiencia enerxética do edificio multiusos do Concello de Santa Comba””, financiadas ao amparo da convocatoria de axudas concedidas ao abeiro da Orde da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, do 27 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, de carácter plurianual (2025-2026) e en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de obras de eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea nun 60% no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento PR486D). (DOG núm. 30, do xoves 13 de febreiro de 2025)

As obras comprendidas no citado proxecto foron aprobadas por Decreto de alcaldía núm. 128/2026, 28 de xaneiro; e foron adxudicadas por Decreto de alcaldía núm. 559/2026, do 10 de abril, á mercantil Montaxes Eléctricas Noroeste SL, pola cantidade de 145.497,66 euros euros (I.V.E. engadido), cunha baixa/economía de 4.501,04 euros respecto do orzamento base de licitación.

A instalación de eficiencia enerxética consistiu en:

* Instalación de catro bombas de calor aire-agua de tipo compacto, que poden entregar agua quente ata 70ºC, se ben en aras da eficiencia, instálaronse  fancoils para impulsión a 50ºC.

Estas bombas de calor traballan contra dous depósitos de inercia de 500L, alimentando cada depósito un circulador.

Os circuladores agrupan as estancias por uso e orientación:

Un circulador alimentará os despachos, aulas de formación e vestíbulos e o outro o salón de actos, as aulas de informática e unha aula e un despacho orientados caro o oeste.

* Calefacción e refrixeración de ambas plantas con fancoils, cun termóstato por estancia.

* Sistema de ventilación conforme ao RITE, tanto en caudais como en filtración e recuperación de calor, dispoñéndose dun recuperador de calor de fluxos cruzados, de alta eficiencia, dotado de free-cooling e sistema de control de caudal por sonda de contaminación de conduto, o que supón unha importante mellora nas condiciones de salubridade e aforro enerxético.

* Substitución de iluminación fluorescente en aulas de formación, aulas informáticas e vestíbulo de planta primeira, onde existían luminarias fluorescentes, por luminarias de tipo LED, de alto rendemento lumínico (>100 lum/w).

Con esta actuación alcánzanse os seguintes obxectivos:

– Utilizar un sistema de climatización de alto nivel técnico e excelente en términos de sostenibilidade.

– Alcanzar un gran aforro enerxético ao dispoñer estas bombas de calor dun alto rendemento enerxético.

– Mellorar a calidade de aire interior cunha perda mínima de enerxía ao dispoñer dun recuperador de alta eficiencia enerxética.

– Mellora nas condicións de confort do edificio

– Melora do rendemento da instalación lumínica e condicións visuais

Do resultado final obtense un consumo de enerxía primaria non renovable de 184.5 C kWh/m2 ano, e unhas emisións de 31,4 kgCO2/m2 ano.

Logo da substitución do sistema de calefacción por bombas de calor auga-auga de alto rendemento, con emisión por fancoils, a instalación dun sistema de aire primario con recuperación de calor con eficiencia do 80% e a substitución de iluminación fluorescente por paneis LED de alto rendemento, obtense:

– Un consumo de enerxía primaria non renovable de 85.80 A kWh/m2 ano, e unhas emisións de 14,50 A kgCO2/m2, supoñendo un aforro tanto de emisións como en consumo de enerxía primaria non renovable superiores ao 53%.

TÁBOA DE AFORROS

 PREVIOREFORMADOAFORRO
EMISIÓNS EN KGCO2/ANO34.665,6016.008,0018.657,60
CONSUMO ENERXÍA PRIMARIA NON RENOVABLE (EN KWH/ANO)203.688,0094.723,20108.964,80

OBRAS: MELLORA DA PAVIMENTACIÓN DO VIARIO DENDE A DP-5604 A ALMOZARA

OBRAS: MELLORA DA PAVIMENTACIÓN DO VIARIO DENDE A DP-5604 A ALMOZARA


MELLORA DA PAVIMENTACIÓN DO VIARIO DENDE A DP-5604 A ALMOZARA – Axudas para actuacións en camiños rurais no período 2026 – 2027

Normativa: Orde da Consellería do Medio Rural do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2026 das axudas para actuacións en camiños rurais no período 2026-2027, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 de España, en réxime de concorrencia non competitiva mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR701E). (DOG núm. 24, do xoves 05 de febreiro de 2026)

O Concello de Santa Comba ven de realizar a execución das obras comprendidas no plan de Axudas para actuacións en camiños rurais no período 2026 – 2027, cofinanciadas ao amparo da citada Orde do 30 de decembro de 2025, da Consellería do Medio Rural, para a concesión das axudas para actuacións en camiños rurais de titularidade municipal (que ten por obxecto actuacións de ampliación e/ou mellora de camiños municipais e que formen parte da rede viaria de acceso a unha ou a varias entidades de poboación), agás as partidas correspondentes co IVE, que son financiadas polo Concello de Santa Comba.

As obras comprendidas en dito plan de Axudas para actuacións en camiños rurais no período 2026 – 2027 son as comprendidas no proxecto que se indica a continuación:

1.- “PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCIÓN DE MELLORA DA PAVIMENTACIÓN DO VIARIO DENDE A DP-5604 A ALMOZARA”, cun valor estimado de 94.323,66 euros e 19.807,97 euros de IVE (21%), que ascende a un total de 114.131,63 euros; cun prazo de execución de DOUS (2) meses; con data de febreiro de 2026 e redactado polo enxeñeiro de obras públicas Antonio Landeira Blanco, colexiado núm. 26.625 do CITOP.

As obras comprendidas en dito proxecto foron aprobadas por Decreto de alcaldía núm. 1131/2026, do 06 de xullo; e foron adxudicadas por Decreto de alcaldía núm. 1481/2026 do 01 de setembro, á mercantil Construcciones Ponciano Nieto SL, pola cantidade de 110.833,23 euros euros (I.V.E. engadido), cunha baixa/economía de 3.298,40 euros respecto do orzamento base de licitación.

O contrato administrativo foi formalizado e asinado electronicamente con data de 02 de setembro de 2026.