Dende O 29 de maio, comezan as 𝐜𝐢𝐭𝐚𝐬 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚𝐢𝐬 do 𝑷𝒓𝒐𝒈𝒓𝒂𝒎𝒂 𝒅𝒆 𝒂𝒔𝒆𝒔𝒐𝒓𝒂𝒎𝒆𝒏𝒕𝒐 𝒕𝒆́𝒄𝒏𝒊𝒄𝒐 𝒆𝒔𝒑𝒆𝒄𝒊𝒂𝒍𝒊𝒛𝒂𝒅𝒐 𝒆𝒏 𝒎𝒂𝒕𝒆𝒓𝒊𝒂 𝒅𝒆 𝒆𝒔𝒕𝒓𝒂𝒏𝒙𝒆𝒊𝒓𝒊́𝒂: 𝒂𝒔𝒆𝒔𝒐𝒓𝒂𝒎𝒆𝒏𝒕𝒐 𝒙𝒖𝒓𝒊́𝒅𝒊𝒄𝒐 𝒑𝒂𝒓𝒂 𝒊𝒏𝒎𝒊𝒈𝒓𝒂𝒏𝒕𝒆𝒔.
A través deste programa 𝐠𝐫𝐚𝐭𝐮𝐢́𝐭𝐨 poderás recibir:
Información e asesoramento xurídico especializado.
Axuda nos trámites relacionados coa estranxeiría.
Orientación sobre dereitos, recursos e procedementos administrativos.
Se es migrante e precisas información ou asesoramento, solicita a túa cita e recibe atención personalizada por parte de profesionais especializados: Nas oficinas de Servizos Sociais do Concello de Santa Comba Chamando ao: 981104309 – 663729340
Plan : CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA A XESTIÓN DO PLAN DE SUSTENTABILIDADE TURÍSTICA NOVA EXPERIENCIA ENOGASTRONÓMICA E INCREMENTO DA COTA DE MERCADO DO DESTINO TERRAS DE SANTIAGO NO MARCO DO PLAN DE RECUPERACIÓN, TRANSFORMACIÓN E RESILIENCIA FINANCIADO POLA UNIÓN EUROPEA NEXT GENERATION EU
Normativa: Resolución do 30 de decembro de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras das axudas financiadas ao abeiro do plan Camiña rural para o período 2025-2026 e se convocan as correspondentes ao ano 2025, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR701E) (DOG núm. 19, do mércores 29 de xaneiro de 2025).
O Concello de Santa Comba ven de realizar a execución das obras comprendidas no Plan Camiña rural 2025–2026, cofinanciadas ao amparo da citada Resolución do 30 de decembro de 2024, da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), para a concesión das axudas correspondentes ao Plan Camiña rural (que ten por obxecto actuacións de ampliación, mellora ou mantemento cos camiños municipais e que dean acceso, en calquera punto do seu trazado, cando menos, a dúas parcelas agrícolas), agás as partidas correspondentes co IVE, que son financiadas polo Concello de Santa Comba.
As obras comprendidas en dito Plan Camiña rural 2025 – 2026 son as comprendidas no proxecto que se indica a continuación:
1.- “PROXECTO DE MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A PARCELAS AGRÍCOLAS NAS PARROQUIAS DE ALÓN, SAN SALVADOR DE PADREIRO, MALLÓN E A PEREIRA”, cun valor estimado de 91.750,65 euros e 19.267,64 euros de IVE (21%), que ascende a un total de 111.018,29 euros; cun prazo de execución de UN (1) mes; con data de febreiro 2025 e redactado polo arquitecto Manuel Rodríguez Mourelle, colexiado núm. 5.096 do COAG
As obras comprendidas en dito proxecto foron aprobadas por Decreto de alcaldía núm. 1025/2025, do 09 de xullo; e foron adxudicadas por Decreto de alcaldía núm. 1441/2025 do 25 de setembro, á mercantil Construcciones Ponciano Nieto SL, pola cantidade de 102.703,02 euros euros (I.V.E. engadido), cunha baixa/economía de 8.315,27 euros respecto do orzamento base de licitación.
O contrato administrativo foi formalizado e asinado electronicamente con data de 30 de setembro de 2025.
Asemade, ao abeiro do Plan Camiña rural 2025 – 2026, subvenciónase a contratación do Servizo de Control de calidade das obras.
Este servizo foi adxudicado por Decreto de alcaldía núm. 1391/2025, do 16 de setembro, á empresa “EUROTEC SL”, pola cantidade de 2.652,32 euros (I.V.E. engadido), o que supón unha baixa económica de 9,68 euros.
A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas.
Ofértanse un total de 280 prazas na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra), para as persoas solicitantes das provincias de A Coruña.
Este programa levarase acabo entre o 22 de decembro de 2021 e o 7 de xaneiro de 2022en dúas quendas de 8 días cada unha (7 noites).
A primeira quenda efectuarase no período comprendidoentre o 22 e o 29 de decembro e a segunda entre o 31 de decembro e o 7 de xaneiro.
Para beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:
Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
Estar empadroado nalgún dos concellos galegos e vivir no seu domicilio.
Vivir so no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal.
Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da estadía.
Estar vacinado fronte á COVID-19 segundo o calendario sanitario vixente.
As persoas participantes asitirán de forma gratuita ao programa
O prazo para a presentación de solicitudes será ata o 15 de novembro de 2021.
DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS
Vivenda Comunitaria c/ Coruña s/n (acceso polo parque infantil)