981880075
Seleccionar página

Pazos e Casas

PATRIMONIO HISTÓRICO-ARTÍSTICO (Pazos e Casas señoriais):

Pazo de Boimente, San Pedro de Xallas de Castriz. Construción: Século XVII

Atópase bastante deteriorado. Hai que destacar a presenza dun grande escudo de armas feito en granito.

A colocación das novas fiestras de aluminio rompe o conxunto orixinal

 

Pazo de Cícere de Arriba, San Pedro de Cícere. Construción: Séculos XVI e XVII

Forma co Pazo de Abaixo un único bloque. Son visibles tres escudos de armas, unha árbore de lanzas

dos Caamaño e un xaquelado alusivo ós Bermúdez. Ten unha inscrición coa data de construción: A.1577.

Recentemente restaurado.

 

Pazo de Cícere de Abaixo, San Pedro de Cícere. Construción: Séculos XVI e XVII

Forma co Pazo de Arriba un único bloque. Ten dous grandes escudos (un deles coas armas de Frei

García de Pardiñas). Nos brasóns que adornan o seu exterior distínguense as liñaxes dos Bermúdez,

Moscoso, Castelo.

 

Pazo en Freixeiro, San Fiz de Freixeiro. Construción: Século XVIII

Foi propiedade dos Condes de Gimonde ata a súa venda á familia actualmente propietaria. Destaca a

presenza do escudo de armas dos Bermúdez, que tamén se reproduce na fachada da igrexa parroquial.

 

Pazo de Santiso. Sta. Comba, San Pedro de Santa Comba Construción: Século XIX

Os seus fundadores foron Dna. Josefa Bermúdez de Leis e o seu home D. Manuel María Cancela Turnes.

Os donos ata o ano 2004 era a familia Santiso que o doou ao Concello de Santa Comba. Estase restaurando.

 

Pazo de Randufe. A Torre, San Pedro de Santa Comba. Construción: Século XVII

Está vinculado ós pazos de Cícere, dos que se desvincula no século XVIII cando Juana de Prego de

Montaos llo deixa en herdanza á súa filla Dna. María Isabel Varela Prego de Montaos. Na fachada posterior

conserva restos dun brasón.

 

Casa con escudo. Freixeiro, San Fiz de Freixeiro. Construción: ¿?

Atópase case en fronte do Pazo de Freixeiro. É unha casa de reducidas dimensións. Amosa a fachada e

muro lateral feitos con perpiaños de boa cantaría. Sobre o lintel da porta destaca unha pedra con escudo.

 

Casa en Estévez, Santa Pedro de Castriz. Construción: ¿?

Coñecida hoxe en día como Casa do Raxado. É probable, segundo nos contan os veciños, que nalgún

tempo fose sede co Concello e cárcere.

 

Casa no Castro, Santa María de Montouto. Construción: ¿?

Coñecida actualmente como Casa da Camaña. Atópase moi modificada coa fachada oculta por unhas

cortes feitas recentemente. Conserva elementos propios dunha arquitectura pacega.

 

Casa en Cubelo, San Pedro de Santa Comba. Construción: ¿?

Pertenceu ata finais do século pasado á familia Salgado, donos da maioría das propiedade do lugar do

Cubelo. É, na actualidade, propiedade de Dolores Arosa Mejuto. Falamos máis extensamente dela no

apartado de curiosidades.

 

PATRIMONIO HISTORICO-ARTÍSTICO (Casas con portadas ornamentais):

Casa en Sabaceda, San Mamede de Bazar. Construción: ¿?

No lintel da porta da fachada principal ten un relevo en forma de estrela de cinco puntas.

 

Casa en Castriz, San Pedro de Castriz. Construción: ¿?

Casa con porta en arco de cantaría, na marxe dereita da estrada que vai de Santa Comba á Coruña.

O resto da fachada é vivenda foi modificada con formigón e ventás de aluminio

 

Casa en Castriz, San Pedro de Castriz. Construción: ¿?

Na marxe dereita da estrada de Santa Comba á Coruña. Ten sobre a porta un lintel cunha cruz e inscrición:

"Don Joseph García Picada/año D 1778"

 

Casa en Frieiro, San Pedro de Castriz .Construción: ¿?

Presenta un relevo en forma de estrela de cinco puntas no lintel da porta principal

 

Casa en Estévez, San Pedro de Castriz. Construción: ¿?

Denominada Casa de Otero, ten un lintel, unha porta do interior da casa con tres cruces e símbolos.

 

Casa en Santa Cataliña, San Pedro de Santa Comba. Construción: ¿?

Ten no lintel da porta na fachada un relevo con forma de estrela

 

Casa en Ventosa, San Pedro de Santa Comba. Construción: ¿?

Amosa escudos encastrados nos laterais da cancela do muro de entrada

 

Casa en Busto, San Xulián de Santa Sabiña. Construción: ¿?

Mostra sobre o lintel da porta un relevo con figura zoomorfa

Igrexas

PATRIMONIO HISTÓRICO-ARTÍSTICO (Igrexas parroquiais):

Santa María de Alón Construída: Entre 1773-1782 Estilo: Barroco

Construía polo arquitecto Manuel Varela, sendo arcebispo de Santiago Alexandre Bocanega.

San Vicente de Arantón. Construída nos séculos XVIII e XIX. De estilo barroco, con planta de salón dunha soa nave dividida en tres treitos

Santa María de Bazar. Construída: Século XVIII .Estilo: Barroco

En 1945 debido ó estado case ruinoso leváronse a cabo importantes obras de reconstrución

San Pedro de Xallas de Castriz. Construída: Século XVIII. Estilo: Barroco

A actual bóveda de canón sobre arcos faixóns foi construída en 1854.

San Pedro de Cícere. Construída: XVIII. Estilo: Barroco

Reconstruída no primeiro terzo do século XVIII a expensas do bispo de Tarazona Fr. García Pardiñas

Santa María de Esternande. Construída: Século XIX. Estilo: ¿?

Os muros de carga son feitos en cachotaría, agás as esquinas e marcos das portas que son de cantaría.

San Martiño de Fontecada Construída: Século XVIII Estilo: Barroco

Foi trasladada desde o lugar coñecido como O Saltadoiro. Ten un reloxo de sol. A imaxe do cabalo é de 1767

San Fiz de Freixeiro. Construída: Século XII e XIII . Estilo: Románico

Reconstruída no séc. XVIII. É unha das dúas igrexas de estilo románico que se conservan no concello

San Xoán de Grixoa. Construída: Século XVIII . Estilo: Barroco

A fachada ten unha esvelta espadana formada por dous ocos rematada nun peite pétreo decorado con volutas

San Cristovo de Mallón. Construída: Séculos XIII e XIX. Estilo: Románico

Mostra unha fachada que sae da tipoloxía habitual do concello.

Santa María de Montouto. Construída: Nos séculos XIX e XX. Estilo: Ecléctico

O campario é de formigón e foi engadido no século XX. Reconstruída en 1949-1950

San Salvador de Padreiro. Construída: Remada o 06/08/1952. Estilo: ¿?

Érgueuse por iniciativa do crego D. Celestino Lema Castro despois de derrubarse a antiga de estilo barroco

Santo Andrés da Pereira. Construída: Século XVIII. Estilo: Barroco

Na fachada de cantaría apréciase unha fornela que acolle a imaxe do santo

San Pedro de Santa Comba. Construída: Ano 1960 . Estilo: ¿?

Construída polo arquitecto Andrés Fernández-Albalat. Foi reformada en 1997

San Xulián de Santa Sabiña . Construída: Século XVIII. Estilo: Barroco

O interior da nave cóbrese cunha bóveda de canón feita de morteiro de cemento.

San Pedro de Ser. Construída: Século XVIII . Estilo: Barroco

A fachada de forma pentagonal amosa unha porta con forma de lintel e moldurada.

Nosa Sª de Sta. Mª de Vilamaior. Construída: Por esmola no en 1767. Estilo: Barroco

Construíuna Gregorio González Lebozán substituíndo a outra en ruínas. Foi ampliada en 7 m. en 1950

 

PATRIMONIO HISTÓRICO-ARTÍSTICO (Capelas e Santuarios):

 

Capela do Cemiterio novo de Alón, Santa María de Alón

Construída polo vecinos en 1999 en honra á Virxe de Fátima e San Xosé. Só se emprega para funcións

relixiosas nos enterros. Debaixo da capela dispúxose un local para funcións de tanatorio.

 

Ermida de Santo Outel. Sabaceda, San Mamede de Bazar

Non se dispón de datos sobre a súa fundación nin cronoloxía. É unha pequena capela dunha soa nave

cunha ábsida rectangular de maior altura, e un volume pegado a un lado da cabeceira. A cuberta na

actualidade é de uralita.

 

Capela de Rubín. Rubín, San Pedro de Cícere

Construída no século XVIII. Estilo gótico. Poder ser a capela de San Pedro de Cícere, fundada por Juan

Prego de Montaos en 1593. Conforma un importante santuario xunto coa fonte santa de Rubín. Aínda

que é coñecida polos veciños como a Capela de Rubín a súa advocación é a de Nosa Señora da Saúde,

da que existe unha imaxe no seu interior, así como tamén un San Miguel chamado popularmente como

o demo de Rubín, e unha imaxe de Nosa Señora de Pascua.

 

Capela de Nosa Señora da Concepción. Fontecada, San Martiño de Fontecada

É unha capela privada, propiedade de Edelmira Berdullas Maceiras da Casa do Vinculeiro. Foi fundada

en 1772 por D. Rodrigo Antonio Pión. Debido o seu estado ruinoso foi resconstruída en 1995. É de

reducidas dimensións, de planta rectangular, dunha soa nave e cuberta feita en cemento a dúas augas.

 

Ermida de San Blas. Armán, San Xoán de Grixoa

Construída en 1714. Na fachada ten un grande escudo. Ten a imaxe de San Brais no interior. Segundo os

veciños, na súa orixe foi propiedade particular da casa da Torre de Bugallido (Negreira), propietaria de

todo o lugar de Armán. Posterioremente foi cedida ós veciños polos seus donos. Recentemente leváronse

a cabo reformas que afectaron á súa orixinal estética e concepción substituíndo a pedra do chan

por plaqueta, a tribuna de madeira por formigón, así como a cuberta do pórtico con bloque de uralita.

 

Ermida da Virxe da Mercé. Vilar de Céltigos, San Xoán de Grixoa

Construída por D. José Caramés Río en 1950. Esta pegada á casa rectoral, coa que se comunica mediante

unha porta.

 

Capela de Nosa Señora do Carme. Bustelo, Santa María de Montouto

Descoñécese o momento da súa construción, pero temos constancia documental da súa existencia en

1860. Capela de planta de salón feita en cachotaría con fachada pentagonal rematada cunha cruz de

pedra. A cuberta é a dúas augas con uralita e recentemente engadíronselle dous vans con forma de arco

a ambos os dous lados na nave.

 

Capela de Nosa Señora dos Milagres. Sta. Cataliña, San Pedro de Santa Comba

Esta capela, feita en formigón, foi levantada en 1913 e substitúe a unha anterior localizada na praza do

Concello e que desapareceu. Da primitiva capela, que era hospital de peregrinos, só se conserva un crucifixo

e unha imaxe de Santa Cataliña. Na cabeceira do lado N ten un antigo transformador da luz reconvertido

en pequeniño oratorio, coa imaxe da virxe dos Milagres na parede, debuxada en azulexo.

 

Ermida de San Bartolomeu. Santa Sabiña, San Xulián de Santa Sabiña

Presenta dous volumes, un máis antigo do século XIII ou XIV, que se correspondía co prebisterio e outro,

moito máis recente, feito en bloques de cantaría que se correspondería coa nave principal. En 1987,

púxoselle o tellado que non o tiña e botóuselle unha placa de formigón e tella do país por fóra.

Colocouse no interior un falso teito de madeira, rebaixouse o chan, púxoselle pedra e encintáronse as

paredes. No ano 1999 colocáronse nas inmediacións tres esculturas de gran tamaño feitas en pedra,

copias das imaxes que se acubillan no retablo da capela, a virxe, Santo Antón e San Bartolomeu, que

foron doados á parroquia por Dona Carme Duarte Negreira, quen tamén doou a mesa de mármore que

hai no interior da capela. Merece especial atención o retablo pétreo de estilo barroco con columnas

salomónicas.

Cruceiros

PATRIMONIO ARTÍSTICO E CULTURAL (Cruceiros desaparecidos):

A cruz do pobre Parroquia de San Vicente de Arantón

Cruceiro no Camiño Real en Estévez Parroquia de San Pedro de Castriz

Cruz de pedra no lugar de Xallas Parroquia de San Pedro de Castriz

Peto de ánimas en Castriz Parroquia de San Pedro de Castriz

Cruceiro da Capela de Rubín Parroquia de San Pedro de Cícere

Cruceiro da Choupana Parroquia de San Martiño de Fontecada

Cruceiro de pedra que agora está en Marcelle (A Baña) Parroquia de San Martiño de Fontecada

Cruz de pedra de Villardante Parroquia de San Salvador de Padreiro

Cruz de pedra no monte Outiño Parroquia de San Salvador de Padreiro

Cruz de pedra en Cubelo Parroquia de San Pedro de Santa Comba

Cruz de pedra no lugar de Fornos Parroquia de San Xulián de Santa Sabiña

Cruz do morto no lugar de Santa Sabiña Parroquia de San Xulián de Santa Sabiña

Cruz de pedra no lugar de Cruz de Santos Parroquia de San Pedro de Ser

Cruz de pedra na fonte de Vilamaior Parroquia de Santa María de Vilamaior

 

PATRIMONIO ARTÍSTICO E CULTURAL (Cruceiros existentes):

Cruceiro do Igrexario Parroquia de Santa María de Alón

Cruceiro do Adro Parroquia de San Vicente de Arantón

Cruces de pedra no muro do adro Parroquia de San Vicente de Arantón

Cruz de pedra no lugar das Antes Parroquia de San Vicente de Arantón

Cruz de pedra no lugar da Cova Parroquia de San Vicente de Arantón

Cruz de pedra no lugar da Cabreira Parroquia de San Vicente de Arantón

Cruceiro do Adro Parroquia de San Mamede de Bazar

Cruceiro de San Outelo Parroquia de San Mamede de Bazar

Cruceiro de Sabaceda Parroquia de San Mamede de Bazar

Cruceiro do campo da festa Parroquia de San Pedro de Castriz

Cruceiro do Adro Parroquia de San Pedro de Castriz

Cruceiro de Castriz Parroquia de San Pedro de Castriz

Cruz de pedra de Estévez 1 Parroquia de San Pedro de Castriz

Cruz de pedra de Estévez 2 Parroquia de San Pedro de Castriz

Cruz de arieiro Parroquia de San Pedro de Castriz

Cruz de pedra en Castriz Parroquia de San Pedro de Castriz

Cruceiro do cemiterio Parroquia de San Pedro de Cícere

Cruz do campo do cruceiro Parroquia de San Pedro de Cícere

Cruceiro do igrexario Parroquia de San Martiño de Fontecada

Cruceiro da Capela da Purísima Concepción Parroquia de San Martiño de Fontecada

Dúas cruces de pedra no muro do adro Parroquia de San Martiño de Fontecada

Cruceiro de Freixeiro Parroquia de San Fiz de Freixeiro

Cruz de pedra en Vilarnovo Parroquia de San Martiño de Fontecada

Cruz de pedra na Illa Parroquia de San Martiño de Fontecada

Cruceiro do campo da festa Parroquia de San Xoan de Grixoa

Cruceiro da Capela de San Blas Parroquia de San Xoan de Grixoa

Cruz de pedra do Rial Parroquia de San Xoan de Grixoa

Cruceiro do campo da festa Parroquia de San Cristovo de Mallón

Cruceiro da encrucillada Parroquia de Santa María de Montouto

Cruz de pedra no cemiterio novo Parroquia de Santa María de Montouto

Cruz na capela de Bustelo Parroquia de Santa María de Montouto

Cruceiro no igrexario Parroquia de San Salvador de Padreiro

Cruz do cemiterio Parroquia de San Salvador de Padreiro

Cruz en Albarín Parroquia de San Salvador de Padreiro

Cruceiro do adro Parroquia de San Andrés da Pereira

Cruz de pedra na antiga casa reitoral Parroquia de San Andrés da Pereira

Cruz de pedra de Vilaboa Parroquia de San Andrés da Pereira

Cruceiro do cemiterio Parroquia de san Pedro de Santa Comba

Cruces de ferro no lugar de Combarro Parroquia de san Pedro de Santa Comba

Cruceiro da igrexa Parroquia de San Xulián de Santa Sabiña

Cruceiro do cemiterio novo Parroquia de San Xulián de Santa Sabiña

Cruceiro do cemiterio vello Parroquia de San Xulián de Santa Sabiña

Cruceiro da porta do cemiterio vello Parroquia de San Xulián de Santa Sabiña

Cruceiro de San Bertomeu Parroquia de San Xulián de Santa Sabiña

Cruz de pedra no lugar de Picotos Parroquia de San Xulián de Santa Sabiña

Cruz de pedra en Guldris Parroquia de San Xulián de Santa Sabiña

Cruz de pedra en Fonte rateira Parroquia de San Xulián de Santa Sabiña

Cruceiro no igrexario Parroquia de San Pedro de Ser

Cruz de pedra no campo de fútbol Parroquia de San Pedro de Ser

Cruceiro do campo da festa Parroquia de Santa María de Vilamaior

Cruceiro de pedra do cemiterio Parroquia de Santa María de Vilamaior

Cruz de pedra no muro do adro Parroquia de Santa María de Vilamaior

Patrimonio arqueolóxico (Castros):

 

Castro de Turnes. Turnes. San Mamede de Bazar

Castro de Boaña. Boaña de Arriba. San Pedro de Castriz

Castro de Xallas. Xallas. San Pedro de Castriz

Castro de Barbeira. Barbeira. San Martiño de Fontecada

Castro de Freixeiro. Castro. San Fiz de Freixeiro

Castro Pombo. Castro Pombo. San Fiz de Freixeiro

Castro Laberco. As Labradas. San Cristovo de Mallón

Castro de Xisto. San Cristovo. San Cristovo de Mallón

Castro de Montouto. Castro. San Maria de Montouto

Castro da Torre. A Torre. San Pedro de Santa Comba

Castro de Ventosa. Ventosa. San Pedro de Santa Comba

Castro das Caselas. As Caselas. San Pedro de Santa Comba

Castro de San Bartolomé. O Busto. San Xulian de Santa Sabiña

Castro de Santa Sabiña. O Castro. San Xulián de Santa Sabiña

Patrimonio artístico

PATRIMONIO ARTÍSTICO E CULTURAL (Túmulos Megalíticos):

Sabaceda (Coñecido como Castro da medoña). Sabaceda. San Mamede de Bazar.

Sanguiñeira 1 e 2. Boaña de Abaixo. San Pedro de Castriz

Os Calvetes 1, 2, 3, 4, 5. Padreiro. San Pedro de Castriz

Alto da Mina. Boaña de Abaixo. San Pedro de Castriz

Pena Silveira 1, 2 e 3. Barbeira. San Martiño de Fontecada

Alto da Espra. Abeleiras. San Fiz de Freixeiro

Abeleiras. As Abeleiras. San Fiz de Freixeiro

A Medoña. Vilaboa. San Andrés da Pereira

 

PATRIMONIO ARTÍSTICO E CULTURAL (Depósitos e restos do período romano):

Necrópole romana de Boimente. Boimente. San Pedro de Castriz. No Museo Arqueolóxico e Histórico

do Castelo de San Antón

Estela Funeraria de Busto. San Xulián de Santa Sabiña. Exposta na Casa da Cultura

Miliario romano de Santa Comba. San Pedro de Santa Comba. Exposta no xardín da Casa da Cultura

Posible miliario anepigrafe de San Salvador. San Salvador de Padreiro. Colocada nun lateral da actual

igrexa da parroquia

Estela de Santa Comba. San Pedro de Santa Comba. Atópase no Museo de Pontevedra.

Estela de Cícere. San Pedro de Cícere. Atópase no Museo da Catedral de Santiago.

Estela de Vilamaior. Santa María de Vilamaior. Atópase en Aguapesada (Ames) na casa de D. Antonio

Albardonedo

 

PATRIMONIO ARTÍSTICO E CULTURAL (Outras pezas do período romano):

Lápida funeraria do Século XV. Atopada en Alón en 1.986

Peza de granito coa escena do Nacemento feita en altorelevo. Atópase na Biblioteca Municipal do

Centro de Cultura.

Pedra con inscrición. Procede da antiga igrexa parroquial de Santa Comba derrubada nos 60. Atópase

na Casa rectoral.

Escudo de Pedra. Procede da antiga igrexa parroquial de Santa Comba derrubada nos 60. Atópase no

Salón Parroquial.

 

PATRIMONIO ARTÍSTICO E CULTURAL (Outros depósitos e restos arqueolóxicos):

Alto do Muíño. Toxa. San Mamede de Bazar. Apareceron restos de tella curva e cerámica

Cista das Fariñas. As Fariñas. San Pedro de Santa Comba. Espada da idade de bronce no Museo

Arqueolóxico da Coruña

Mámoa de Castiñeira. Castiñeira. San Andrés de A Pereira.

A Medoña 1. As Caselas. San Pedro de Santa Comba. Túmulo megalítico de 2m de altura destruído hai

uns cinco anos.

A Medoña 2. As Caselas. San Pedro de Santa Comba. Túmulo megalítico de 2m de altura destruído hai

uns cinco anos.

Mámoa de Pedra Branca. O Busto. San Xulián de Santa Sabiña.

Mina das Fosas. Os Fornos, San Xulián de Santa Sabiña. Antigas explotacións mineiras a ceo aberto

Tesouro de Cícere. Ourivería prehistórica no Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón.

O conxunto de Cícere pode ser contemplado grazas á doazón da familia Abelenda-Regueiro.

 

PATRIMONIO ARTÍSTICO E CULTURAL (Fontes santas e outras fontes):

Fonte da Nosa Señora. Santa María de Vilamaior. Curación de todo tipo de doenzas, sobre todo feridas

e verrugas.

Fonte de Rubín. San Pedro de Cícere. Propiedades milagreiras que curan todas as enfermidades, entre

elas a de ter o aire

Fonte de Santo Adrián. San Fiz de Freixeiro. Atribúenselle propiedades curativas dos vultos e cistes e

problemas da pel.

Fonte da Virxe do Carme. Bustelo. Santa María de Montouto. Para sacar o aire e matar os bichos e vermes

das hortas.

Fonte de Santa Margarida. San Martiño de Fontecada. Atribúeselle a cura da sarna e os problemas de

pel.

Fonte da Nosa Señora (Virxe do Portal). Grixoa. Santa María de Esternande. Boa para enfermidades de

tipo nervioso.

Fonte de Santa María de Montouto. Aguas de boa calidade ás que non se lle atribúe ninguna propiedade

curativa.

Fonte de San Roque. San Salvador de Padreiro. Os vecinos chámanlle o Picho de San Roque.

Fonte das Abeleiras. As Abeleiras. San Fiz de Freixeiro. Os veciños din que é auga de boa calidade

Fonte da Pardiñeira. A Pardiñeira. San Pedro de Cícere. A auga é de moi boa calidade, a onde acudía a

xente cando non había auga nas vivendas. Tamén se usaba como lavadoiro.

Arquitectura popular

ARQUITECTURA POPULAR (Hórreos máis significativos):

Hórreo de Sabaceda. San Mamede de Bazar

Hórreo en Grixoa de Esternande. Santa María de Esternande

Hórreo en Fontecada. San Martiño de Fontecada

Hórreo en Ser. San Pedro de Ser

Hórreo en Tarroal. Santa Maria de Vilamaior

 

ARQUITECTURA POPULAR (Muíños máis significativos):

Muíño en Castriz. San Pedro de Xallas de Castriz

Muíño en Freixeiro. San Fiz de Freixeiro.

Muíño en San Salvador. San Salvador de Padreiro

 

ARQUITECTURA POPULAR (Pombais máis significativos):

Pombal do Pazo de Cícere. San Pedro de Cícere

Pombal do antigo Pazo de Freixeiro. San Fiz de Freixeiro.