981880075
Seleccionar página

Santa Comba está irmandada co concello de Río de xaneiro (O Brasil). Esta importante urbe de América

Latina, unha das máis famosas do mundo, foi destino de moitos xalleiros que foron buscando riqueza

na emigración. Na actualidade, segundo datos oficiais, están censados no Brasil máis de 1.272 veciños

de Santa Comba, dos cales, a maioría, residen en Río de xaneiro. Pero a colonia de xalleiros nesta cidade

calcúlase que pode estar ó redor das 4.000 persoas, incluíndo os descendentes nados na propia cidade.

Eses 1.272 xalleiros que figuran no censo converten a Santa Comba no Concello da provincia da

Coruña que máis veciños ten no Brasil, por riba de concellos e importantes urbes como A Coruña,

Santiago ou Ferrol. Santa Comba limita, entre outros, con Mazaricos, co que fai bisbarra; Negreira, A

Baña, Val do Dubra e Zas, que entre todos achegan 2.389 residentes oficiais no Brasil, unha colonia que

pode chegar ós 8.000 veciños. O negocio principal desenvólvese no sector da hostalaría e moi especialmente

no hoteleiro, sobre todo, nas zonas máis famosas e importantes da cidade, coñecidas en

todo o mundo, como Copacabana, Tijuca, Ipanema, Niterói ou Leblón.

0 comentarios