LUNS, 13 DE FEBREIRO.
Hoxe colocouse no campo da feira un stand informativo onde os monitores explicaban ós veciños como
funciona a compostaxe doméstica domiciliaria, o contedor marrón para a recollida de biorresiduos e a
recollida de aceite de cociña usado.
Como todos sabedes , xa fai máis de un ano que o noso concello lle está dando solucións aos veciños
para que se desfagan dos biorresiduos sen necesidade de que estes vaian a parar o contedor verde de
R.S.U.
Por un lado, temos a compostaxe doméstica, destinada a todo aquela xente que ten un pequeño horto.
Trátase dun proceso natural que permite descompoñer os restos orgánicos do noso fogar ou xardín e
convertelos en fertilizante de calidade, que despois podemos empregar nas hortas e xardíns das nosas
casas.
Por outra banda, para todos aqueles que viven no núcleo urbán de Santa Comba, teñen a súa
disposición o contedor marrón nas rúas, que para aceder a él é necesario dispoñer dunha chave. Para
toda esta xente dispoñemos de caldeiros e bolsas compostables para depositar dentro os biorresiduos.
As chaves, os caldeiros e as bolsas poden solicitarse no concello.
Igualmente, todo aquel que esté interesado nun composteiro, pode anotarse no concello, e,
posteriormente será convidado a unha charla formativa e a entrega do composteiro.
Por último, no stand, tamén se dou información sobre a recollida de aceite de cociña usado. Dito
sistema de recollida é de reciente implantación no noso concello. Unha vez utilizado o aceite de cociña,
débese recoller e almacenar cun funil en botellas de plástico na vivenda, para unha vez cheas,
despositalas nos contedores laranxa que se atopan nas rúas. No concello tamén temos a disposición de
todos aqueles que queiran funis para dito proceso.
Todo isto e moitas máis cuestións, foron explicadas polos monitores que hoxe estiveron no stand
informativo do campo da feira, ó que acudiron a alcadesa de Santa Comba, María Josefa Pose
Rodríguez e a concelleira de Deportes, Silvia Cancela Blanco.
Calquera persoa que esté interesada en iniciarse en este tipo de recollidas pode informarse no
departamento de Medio Ambiente, ubicado na Casa do Concello.
Con estas novas iniciativas que o concello puxo en marcha todos poderemos participar na loita contra o
cambio climático e a defensa do medio ambiente no noso concello.