INÍCIASE UNHA NOVA CAMPAÑA NA QUE NOVAS FAMILIAS PODERÁN SOLICITAR O SEU COMPOSTEIRO. APUNTARSE AO PROGRAMA SERÁ GRATUÍTO E PODERÁ FACERSE DE FORMA PRESENCIAL, TELEFÓNICA OU ONLINE.
Dende o Concello anímase á veciñanza a inscribirse ao proxecto de compostaxe doméstica, implicando así a Santa Comba na loita contra o cambio climático. Este proxecto axuda a acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e reducir a pegada de carbono pero tamén proporcionará un abono sostible para as hortas dos veciños/as.
Con esta aposta pola compostaxe preténdese que os residuos orgánicos xa non cheguen aos colectores da rúa, pechando así o ciclo da materia orgánica nos propios fogares.
A iniciativa conta coa financiación da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, contando con fondos europeos NextGenerationEU.
A participación no programa é de balde, únicamente é necesario apuntarse acudindo ao concello ou chamando ao 981 880 075. Tamén é posible inscribirse completando un formulario online (https://www.elcaminosostenible.org/biorresiduos) ou enviando un correo electrónico a biorresiduos@elcaminosostenible.org.
Unha vez inscritas as familias, serán contactadas vía telefónica para proceder á entrega do composteiro e de un manual.
A veciñanza terá a súa disposición o número de teléfono 690 145 190 (chamadas e WhatsApp) e o correo electrónico biorresiduos@elcaminosostenible.org para resolver calquera tipo de dúbida sobre compostaxe durante un ano. Este servizo está atendido por un biólogo experto en compostaxe.
O único requisito para formar parte deste programa é ser veciño/a do Concello, ter un pequeno xardín ou terreo e estar disposto/a e motivado/a para formar parte deste proxecto educativo e formativo.
0 comentarios