CHARLA SOBRE COMPOSTAXE
Proxecto Res4ValOR.
Transformación de residuos orgánicos en fertilizantes biolóxicos de alta calidade.
O concello de Santa Comba organizou unha nova xornada de formación sobre biorresiduos. Falouse tanto da recollida en contedor marrón, que é a que se está facendo no núcleo urbán, como da compostaxe doméstica.
Dita formación está enmarcada dentro do proxecto ResValOR ( Reducción, Reutilización, Reciclado e
Revalorización de residuos orgánicos ), enmarcado á súa vez no programa Interreg VA España-Portugal (POCTEC ) 2014-2020 e financiado polo Fondo FEDER.
En dito proxecto participa Sogama, xunto coa Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade do Minho (Portugal)
Os asistentes a dita sesión foron agasallados con packs de bolsas compostables.
Cando remate o ano 2023, todos os concellos deben ter implantado un sistema de recollida de fracción orgánica, sendo válida tanto a recollida en contedor marrón como a través da compostaxe.
Cabe salientar que no concello de Santa Comba dispoñemos dos dous sistemas de recollida.
Nesta mesma xornada foron entregados composteiros ás persoas que o solicitaron.
Recordamos a todos os veciños do concello que todos os que queiran participar neste proxecto de recollida de biorresiduos, tanto na modalidade de recollida en contedor marrón como na modalidade de compostaxe, non teñen máis que poñerse en contacto co departamento de Medio Ambiente do Concello.
No caso de optar pola recollida en contedor urbano (dispoñible para os veciños do núcleo urbán do concello) faráselles entrega dun caldeiro para o fogar, onde poderán depositar os residuos, bolsas compostables e a chave que abre o contedor marrón da rúa.
No caso de que queiran optar pola compostaxe doméstica ( indespensable dispór dun terreo ) entregaráselles un composteiro co seu correspondente manual de compostaxe doméstica.
Dende o concello estamos moi agradecidos a todos aqueles que están participando connosco neste proxecto e animamos ao resto de veciños que se sumen a estas iniciativas, para así entre todos, participar na loita contra o cambio climático e a defensa do medio ambiente do noso concello.
0 comentarios