Circular informativa Campamento Urbán en Inglés
Foron admitidas/s todas/os nenas/os que a día de hoxe figuraban inscritas/os no Campamento Urbán en Inglés 2015.
Foron admitidas/s todas/os nenas/os que a día de hoxe figuraban inscritas/os no Campamento Urbán en Inglés 2015.
Desde o luns 13 de xullo ata o venres 24 de xullo a Concellería de Deportes que preside Javier Facal celebrou o campamento deportivo cunha participación exitosa con máis de 40 rapaces xalleiros.
Na primeira quenda entraron os nenos de 9 aos 12 anos.
Na segunda quenda entraron os nenos de 5 aos 8 anos.
Os participantes desfrutaron de xornadas de baloncesto, cachibol, padel, xogos na natureza, fútbol, xogos de pilla, xogos musicais, coa novidade de capoeira e cunha clausura con inchables na piscina descuberta.
Os monitores que colaboraron, de maneira voluntaria, co departamento de Deportes foron Cleiton Santos, Natalia Solis e Iván Solis.
Obradoiro de Emprego Terra de Xallas: Selección provisional de alumnos; selección provisional de titor mestre, auxiliar administrativo, dous mestres, un director, e un mestre de xestión empresarial.
Enlaces listaxes
Selección alumnos
Selección directivos
O concello de Santa Comba organiza dous cursos para persoas desempregadas, entre eles un “creación e xestión de microempresas” que será o primeiro en impartirse e conta con prazas limitadas.
O curso de “creación e xestión de microempresas (curso nivel 2)” estará operativo desde o 12 de agosto e ata o 30 de novembro. Neste caso xa se está coa selección pública dos alumnos/as que aínda poden informarse na Oficina de Formación (Edificio multiusos 981818710-663728782).
O 18 de agosto iniciarase o curso de “atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais(curso nivel 3)”, que rematará o 21 de novembro.As dúas modalidades formativas foron concedidas pola Consellería de Traballo e Benestar, sendo cofinanciados pola Xunta e o Fondo Social Europeo.
Publicamos as listaxes de neno/as admitidos/as e dos/as que quedan en lista de espera do servizo Verán Lúdico
LISTAXE DE NENOS/AS ADMITIDOS/AS
Listado_admitidos_veran_l_dico_2015_
LISTAXE DE NENOS/AS EN LISTA DE ESPERA VERÁN LÚDICO
Listado_NO_admitidos_veran_l_dico_2015_
CIM SANTA COMBA
O alcalde de Santa Comba, José Antonio Ucha Velo participou no acto de clausura das escolas culturais do curso 2014-15, que se desenvolveu no auditorio do multiusos e consistiu nunha representación teatral e na entrega de diplomas das actividades que se desenvolveron ao longo do curso.
En primeiro lugar, o grupo infantil da escola de teatro municipal interpretou a obra “Unha cita incómoda” e posteriormente os profesores das distintas actividades acompañaron ao alcalde na entrega dos diplomas.
As actividades foron as seguintes: Teatro, mecanografía, animación a lectura, técnicas de estudo e expresión escrita, español para estranxeiros e cultura xeral, inglés, matemáticas, informática, debuxo e pintura, baile rexional, pandeireta e gaita e acordeón.