981880075
Seleccionar página
Campamentos deportivos 2015

Campamentos deportivos 2015

Desde o luns 13 de xullo ata o venres 24 de xullo a Concellería de Deportes que preside Javier Facal celebrou o campamento deportivo cunha participación exitosa con máis de 40 rapaces xalleiros.

 

Na primeira quenda entraron os nenos de 9 aos 12 anos.
Na segunda quenda entraron os nenos de 5 aos 8 anos.

Os participantes desfrutaron de xornadas de baloncesto, cachibol, padel, xogos na natureza, fútbol, xogos de pilla, xogos musicais, coa novidade de capoeira e cunha clausura con inchables na piscina descuberta.
Os monitores que colaboraron, de maneira voluntaria, co departamento de Deportes foron Cleiton Santos, Natalia Solis e Iván Solis.

Santa Comba imparte dous cursos formativos

Santa Comba imparte dous cursos formativos

O concello de Santa Comba organiza dous cursos para persoas desempregadas, entre eles un “creación e xestión de microempresas” que será o primeiro en impartirse e conta con prazas limitadas.

 

O curso de “creación e xestión de microempresas (curso nivel 2)” estará operativo desde o 12 de agosto e ata o 30 de novembro. Neste caso xa se está coa selección pública dos alumnos/as que aínda poden informarse na Oficina de Formación (Edificio multiusos 981818710-663728782).

 

O 18 de agosto iniciarase o curso de “atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais(curso nivel 3)”, que rematará o 21 de novembro.As dúas modalidades formativas foron concedidas pola Consellería de Traballo e Benestar, sendo cofinanciados pola Xunta e o Fondo Social Europeo.

Circular informativa Campamento Urbán en Inglés

Obradoiro de Emprego

Baremos provisional de selección de participantes na oferta de directivos do Obradoiro de Emprego, Terra de Xallas de Santa Comba referentes a:

 

– 1 director (xornada completa);

– 2 mestres de auxiliares de revestimentos continuos en construcción e operación auxuiliares de fábricas e cubertas (xornada completa);

– 1 mestre de xestión empresarial (media xornada);

– 1 titor mestre de educación básica (media xornada);

– 1 auxiliar administrativo (xornada completa).

 

Tamén se especifican os prazos de reclamacións e a data e a hora da entrevista para a selección de cada posto.

 

Descarga neste enlace      Directivos obradoiro Santa Comba

 

Campamento urbán de inglés

Campamento urbán de inglés

Desde este mércores 15 de xullo podes anotarte no “Campamento urbán de inglés” que organiza o Centro de Información a Muller do concello de Santa Comba, chamando ó 981104309 ou nas dependencias do CIM.

 

O campamento terá lugar entre o 3 e o 14 de agosto en horario de 10:00 a 14:00 h. Prazas limitadas. No caso de haber máis solicitudes das prazas ofertadas realizarase un sorteo das mesmas.