por Santa Comba Multimedia | Jun 26, 2015 | CIM, Destacamos, Novas, Última hora, Últimas
Publicamos as listaxes de neno/as admitidos/as e dos/as que quedan en lista de espera do servizo Verán Lúdico
LISTAXE DE NENOS/AS ADMITIDOS/AS
Listado_admitidos_veran_l_dico_2015_
LISTAXE DE NENOS/AS EN LISTA DE ESPERA VERÁN LÚDICO
Listado_NO_admitidos_veran_l_dico_2015_
CIM SANTA COMBA
por Santa Comba Multimedia | Jun 17, 2015 | Cultura, Destacamos, Novas, Portada Destacado, Última hora, Últimas
O alcalde de Santa Comba, José Antonio Ucha Velo participou no acto de clausura das escolas culturais do curso 2014-15, que se desenvolveu no auditorio do multiusos e consistiu nunha representación teatral e na entrega de diplomas das actividades que se desenvolveron ao longo do curso.
En primeiro lugar, o grupo infantil da escola de teatro municipal interpretou a obra “Unha cita incómoda” e posteriormente os profesores das distintas actividades acompañaron ao alcalde na entrega dos diplomas.
As actividades foron as seguintes: Teatro, mecanografía, animación a lectura, técnicas de estudo e expresión escrita, español para estranxeiros e cultura xeral, inglés, matemáticas, informática, debuxo e pintura, baile rexional, pandeireta e gaita e acordeón.
![DSC_0018 [800x600]](https://www.santacomba.es/wp-content/uploads/2015/06/DSC_0018-800x600-300x201.jpg)
por Santa Comba Multimedia | Jun 17, 2015 | Destacamos, Formación, Novas, Obradoiro, Última hora, Últimas
Bases para a selección do alumnado traballador/a e persoal do Obradoiro de Emprego “Terra de Xallas”.
Consultar ou descargar aquí:
Bases Obradoiro
Consultar bases neste documento adxunto chamado “Bases Obradoiro”
por Santa Comba Multimedia | Jun 16, 2015 | CIM, Destacamos, Portada Destacado, Servizos Sociais, Sin categoría, Últimas
O concello de Santa Comba mantén aberto ata o vindeiro 22 de xuño o prazo de inscrición no Verán Lúdico que se desenvolverá entre o 1 de xullo e o 4 de setembro en horario de 8:30 a 14:30.
O Verán Lúdico está dirixido ós nenos e nenas de infantil e primaria de nais e pais traballadores do concello de Santa Comba.
Para anotarse o obter máis información: CIM Santa Comba, Oficinas de Servizos Sociais, Vivenda Comunitaria(baixo). Teléfono 981104309
por Santa Comba Multimedia | May 4, 2015 | Deporte, Novas, Portada Destacado, Últimas
O vindeiro domingo dez de maio, o pavillón polideportivo de Fontenla acolle o III Torneo de Baloncesto, organizado polo departamento de Deportes do concello de Santa Comba, co patrocinio de Supermercados Familia.
A partir das 15:00h, uns douscentos deportistas en idade benxamín e alevín de A Laracha, Carballo, Camariñas e Santa Comba, participarán neste torneo. O concello de Santa Comba agasallará a tódolos nenos e nenas cunha merenda e unha medalla conmemorativa.

por Santa Comba Multimedia | Mar 29, 2015 | Cultura, Destacamos, Última hora, Últimas
O auditorio do multiusos encheuse para a celebración do “Festival de Primavera” protagonizado polos aproximadamente oitenta alumnos que forman a Escola de música moderna do concello de Santa Comba. O festival foi presentado por un dos profesores, Xoán Leis.
Ao evento asistiu a alcaldesa María Pose e a concelleira de Asuntos Sociais, Flora Calo. María Pose Rodríguez destacou o éxito dunha escola de música que se botou a andar durante esta lexislatura.
