981880075
Seleccionar página
TRAMPAS CONTRA A VESPA VELUTINA

TRAMPAS CONTRA A VESPA VELUTINA

TRAMPAS CONTRA A VESPA VELUTINA

 

O Servizo Municipal de Protección Civil do Concello de Santa Comba ven de instalar trampas por diversos puntos do concello para tratar de capturar as raiñas de vespa asiática co fin de evitar que creen novos niños de cara o verán e tratar de reducir o presencia destes insectos.

As trampas consisten nuns recipientes plásticos aos que se lle añade un líquido concentrado que atrae as vespas e non a outros insectos estas entran na trampa e morren afogadas. Ditas trampas serán revisadas con regularidade para controlar a cantidade de vespas capturadas. As mesmas foron colocadas en zonas do casco urbán onde e mais frecuente a presencia de persoas e sobre todo nenos asi mesmo tamen se colocaron onde o ano pasado foi máis frecuente a retirada de niños secundarios.

Desde fai semanas os efectivos deste Servizo están a retirar niños primarios en invernadoiros e alpendres en distintas zonas do Concello, tarea crucial que se realiza de forma sinxela e sen perigo. Os niños primarios son aqueles construídos por una raiña tras sair do período de aletargamento invernal. Neles a raiña pon os ovos que darán lugar a primeira xeración de vespas obreiras, e que crearán un niño secundario.

Pregase os veciños que revisen os galpóns, garaxes e aleiros de tellados que son os lugares avituais donde crean os niños as raiñas. Para a retirada dos niños non duden en avisar o Servizo de Protección Civil no teléfono 981881267.

REMOLQUE PARA ATENCIÓN ÁS EMERXENCIAS.

REMOLQUE PARA ATENCIÓN ÁS EMERXENCIAS.

O Concello de Santa Comba incorpora un remolque de emerxencias, equipamento e material para Protección Civil.
A Alcaldesa de Santa Comba, Mª Josefa Pose Rodríguez, e representantes de Protección Civil recibiron na Academia Galega de Seguridade Pública da Estrada un remolque para emerxencias de mans do Director Xeral de Emerxencias, Luis Menor e do Xefes Provinciais Victor Pérez e Mª Jesús Leira.
O remolque de emerxencias e o equipamento foron financiados integramente por Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia no marco das convocatorias dirixidas a municipios de menos de 50.000 habitantes que contasen con Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.
A Alcaldesa sinala a importancia desta dotación para incrementar a eficacia das actuacións do Servizo de Protección Civil.
Dito remolque está equipado con unha electrobomba sumerxible, motobomba para aguas residuais, xerador de electricidade, motoserra, desbrozadora, torre de iluminación e kit de balizamento e sinalización.
2016-09-23-remolque-proteccion-civil-1 2016-09-23-remolque-proteccion-civil-2 2016-09-23-remolque-proteccion-civil-3 2016-09-23-remolque-proteccion-civil-4 2016-09-23-remolque-proteccion-civil-5
Novos Casos de Niño de Vespa Velutina

Novos Casos de Niño de Vespa Velutina

Ao longo desta semana o Servizo de Protección Civil do Concello procedeu a retirada de 5 niños primarios de “Vespa Velutina”.
Dous destes niños atopanse en aleiros de tellados de edificios da Rua Orense e Avda. de Santiago,outro nun garaxe da Avda. Alfonso Molina. Os dous restantes localizaronse baixo as lonas que cubrian apilamentos de leña en San Cristobal e San Salvador.
A proliferación destes niños e evidente no noso concello, rogase aos veciños que revisen os galpóns, garaxes e aleiros de tellados xa que son lugares habituais donde crean os niños primarios as raiñas.
Para a retirada dos niños avisen ó Servizo de Protección Civil do Concello no teléfono 981881267 ou no 112.
(2016 - 08 - 23) niños velutina 2 (2016 - 08 - 23) niños velutina 3 (2016 - 08 - 23) niños velutina 4 (2016 - 08 - 23) niños velutina 5 (2016 - 08 - 23) niños velutina 6 (2016 - 08 - 23) niños velutina
Retirada dun Niño de Vespa Velutina por parte do Servizo Municipal de Protección Civil de Santa Comba.

Retirada dun Niño de Vespa Velutina por parte do Servizo Municipal de Protección Civil de Santa Comba.

O Servizo de Protección Civil do Concello procedeu a retirada dun niño primario de Vespa Velutina en San Cristobo de Mallón.
O niño atopábase no beirado dun tellado dunha vivenda a uns nove metros de altura polo que foi necesario a utilización dun camión con cesta.
A retirada de estes niños e vital nesta época do ano para evitar a expansión da vespa asiática, estes niños primarios son os construidos por unha raiña na que pon os ovos que dan lugar á xeración de vespas obreiras que crearan un niño secundario.
(2016 - 08 - 03) RETIRADA NIÑO VESPA VELUTINA 3 (2016 - 08 - 03) RETIRADA NIÑO VESPA VELUTINA 4 (2016 - 08 - 03) RETIRADA NIÑO VESPA VELUTINA 5 (2016 - 08 - 03) RETIRADA NIÑO VESPA VELUTINA 6 (2016 - 08 - 03) RETIRADA NIÑO VESPA VELUTINA 7 (2016 - 08 - 03) RETIRADA NIÑO VESPA VELUTINA 8 (2016 - 08 - 03) RETIRADA NIÑO VESPA VELUTINA
Entrega de mais medios o Concello de Santa Comba para a loita contra a vespa velutina.

Entrega de mais medios o Concello de Santa Comba para a loita contra a vespa velutina.

A Directora Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belen do Campo, fixo entrega de mais medios o Concello de Santa Comba para a loita contra a vespa velutina.
A Alcaldesa María Josefa Pose Rodríguez xunto a membros do Servizo de Protección Civil asistiron a recollida de unha pértega adaptada de hasta 30 metros de altura xunto coa correspondente bomba.
Dito equipamento servirá para acceder aos avispeiros ubicados nas copas das árbores e inxectar insecticida específico para a súa posterior destrucción. Sumase este material aos dous equipos de protección individual entregados pola Dirección Xeral de Protección Civil.
Se detecta un niño de vespa velutina ”vespa asiática “ debe chamar ao 012 ou o 112.

(2016 - 06 - 15) MATERIAL VESPA VELUTINA