O Concello de Santa Comba incorpora un remolque de emerxencias, equipamento e material para Protección Civil.
A Alcaldesa de Santa Comba, Mª Josefa Pose Rodríguez, e representantes de Protección Civil recibiron na Academia Galega de Seguridade Pública da Estrada un remolque para emerxencias de mans do Director Xeral de Emerxencias, Luis Menor e do Xefes Provinciais Victor Pérez e Mª Jesús Leira.
O remolque de emerxencias e o equipamento foron financiados integramente por Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia no marco das convocatorias dirixidas a municipios de menos de 50.000 habitantes que contasen con Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.
A Alcaldesa sinala a importancia desta dotación para incrementar a eficacia das actuacións do Servizo de Protección Civil.
Dito remolque está equipado con unha electrobomba sumerxible, motobomba para aguas residuais, xerador de electricidade, motoserra, desbrozadora, torre de iluminación e kit de balizamento e sinalización.
0 comentarios