981880075
Seleccionar página
Traxes para o loita contra a vespa velutina.

Traxes para o loita contra a vespa velutina.

O Alcalde Xosé A. Ucha Velo e varios membros do Servizo de Protección Civil do Concello de Santa Comba asistiron o acto de entrega de traxes específicos para o loita contra a vespa velutina (avispa asiática).

No transcurso de unha xornada formativa celebrada na sede da Delegación Territorial da Xunta de Galicia, sobre o control da da vespa velutina organizada pola Academia Galega de Seguridade Pública, o concello de Santa Comba recibiu dous traxes para levar a cabo con seguridade a destrucción e retirada de niños por parte do noso servizo de emerxencias. Máis preparación e maior equipación para os traballadores.

(2016 - 05 - 18) TRAXES CONTRA A VESPA VELUTINA 1 (2016 - 05 - 18) TRAXES CONTRA A VESPA VELUTINA 2 (2016 - 05 - 18) TRAXES CONTRA A VESPA VELUTINA 3 (2016 - 05 - 18) TRAXES CONTRA A VESPA VELUTINA 4 (2016 - 05 - 18) TRAXES CONTRA A VESPA VELUTINA 5 (2016 - 05 - 18) TRAXES CONTRA A VESPA VELUTINA 6

O CONCELLO DE SANTA COMBA INCORPORASE A REDE DIXITAL DE EMERXENCIAS

O CONCELLO DE SANTA COMBA INCORPORASE A REDE DIXITAL DE EMERXENCIAS

 
O Servizo de Protección Civil e a Policia Local  de Santa Comba incorporaronse á Rede Dixital de Emerxencias de Galicia (Resgal). Contan dende a semana pasada con dous termináis de comunicación que reforzará as súas prestacións nos seus operativos habituais.
O Alcalde, José Antonio Ucha Velo xunto con membros da Policía Local e Protección Civil desprezaronse a Academia Galega de Seguridade a unha xornada formativa e recolleron de mans do Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, dous termináis que emplean tecnoloxía Tetra, a mais punteira para este tipo de comunicación que garante a súa disponibilidade cando o resto de redes de telefonía móbil se colapsa e posibilita a xeolocalización en tempo real.
Esta nova rede integrará de forma progresiva a todos os efectivos de emerxencias de Galicia, desde bombeiros a policías, protección civil e servicios contra incendios forestais.
Unha rede única para facilitar unha intervención máis eficaz dos efectivos implicados, simplificando a coordinación entre eles.
IMAG1021 IMAG1024 IMAG1053 REDE TETRA II REDE TETRA
Curso de “Busqueda de Persoas Desaparecidas”

Curso de “Busqueda de Persoas Desaparecidas”

O Concello de Santa Comba acolle este fin de semana un curso de “Busqueda de Persoas Desaparecidas” para voluntarios de Protección Civil da provincia da Coruña.
Santa Comba foi elexida como sede pola Academia Galega de Seguridade Pública. Este curso realizase no Edificio Multiusos e nos montes da localidade. Impartiráse formación para capacitar os alumnos para participar con exito en operativos de busca de persoas desaparecidas (organización, xestión, localización e evacuación) tanto no ámbito urbano coma no rural.
O Alcalde José Antonio Ucha Velo, foi o encargado da apertura do mesmo na que participan agrupacións de voluntarios de Oroso, Coristanco, Carballo, Fene, Ortigueira e As Pontes entre outras.
Impartido polo Dr. Antonio Ulloa.
busca3 (Medium) busca2 (Medium) busca (Medium)
Novo Vehículo para Protección Civil de Santa Comba

Novo Vehículo para Protección Civil de Santa Comba

RECEPCION WOLKWAGEN (WEB) (1) RECEPCION WOLKWAGEN (WEB) (2)RECEPCION WOLKWAGEN (WEB) (5) RECEPCION WOLKWAGEN (WEB) (3)

Novo vehículo de Protección Civil

O Concello de Santa Comba conta desde hoxe con un novo vehículo de Protección Civil.
O Alcalde de Santa Comba, José Antonio Ucha Velo, xunto con varios membros de Protección Civil desprazouse hoxe as instalacións que a Academia Galega de Seguridade Pública ten na Estrada para recepcionar un vehículo todo terreo pick- up de mans do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda Valenzuela.

Dito vehículo foi concedido pola Consellería de Presidencia mediante a Orde do 28 de xaneiro de 2015, para a adxudicación de equipamentos de emerxencia.
O Alcalde sinala a importancia desta dotación para incrementar a calidade do servizo ós veciños e veciñas de Santa Comba nas intervencións de emerxencias que se poidan producir.

O novo coche é un todo terreo pick -up,  modelo Volkswagen Amarok T 2.0 TDI 180 de doble cabina con tracción as catro rodas e equipado con ponte luminoso de led, sirena, linternas de señalización, cabestrante e gancho de remolque.

Protección Civil

PROTECCIÓN CIVIL SANTA COMBA

 

UN POUCO DE HISTORIA
Protección Civil de Santa Comba engloba a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Xallas, o GRUMIR e o Servizo Municipal de Protección Civil.
A Agrupación de Voluntarios foi fundada no ano 1999 e rexistrouse na Xunta de Galicia co nº 72 . Os seus membros están dotados de coñecementos  básicos en temas de emerxencia.
A Agrupación artéllase como a forma de participación dos cidadáns  en tarefas de Protección Civil. Os membros realizan diversas actividades formativas encamiñadas á preparación para afrontar situacións de risco colectivo, catástrofe e calamidade pública.
Poderan vincularse á Agrupación de Voluntarios as persoas físicas que sexan veciñas de Santa Comba e teñan interese en colaborar directamente nas actividades propias dos servizos básicos de Protección Civil.
O GRUMIR xorde no ano 1997 cando a administración autónomica decide crear grupos para  solventar as carencias en materia de Protección Civil que había na comunidade autónoma. O GRUMIR, Grupo Municipal de Intervención Rápida, creouse para dotar os concellos de un servizo de protección civil, protección do medio natural, prevención e extinción de incendios (urbanos e forestais), e aquelas actividades dedicadas a salvagardar a vida das personas e os bens.
Actualmente o GRUMIR de Santa Comba está composto por 16 traballadores especializados, 24 horas os 365 dias do ano ó servizo do noso pobo.
PRINCIPAIS TAREFAS:
Intervencións na prevención e loita contra incendios forestais e urbanos.
Intervencións en situacións derivadas de riscos naturais, nevaradas, inundacións, temporais, xeadas, chuvias.
Auxilio e atención sanitaria a persoas en situación de emerxencia.
Promoción do servizo de voluntariado de Protección Civil.
Formación específica do persoal de emerxencias.
Elaboración do Plan Xeral de Emerxencias Municipal e de plans especiais de autoprotección.
Limpezas de estradas.
Control de tráfico en grandes aglomeracións.
Calquera outra que implique colaboracións con outros departamentos municipais en materia de protección civil, medio natural, servizos sociais, sanidade, culturais, educativos e deportivos.
PRINCIPAIS MEDIOS MATERIAIS:
Unha motobomba forestal pesada, totalmente equipada e cunha capacidade para 4.500 litros de auga.
Unha pick-up con capacidade para 400 litros de auga, ademais de con equipo de rescate completo no que destaca un equipo de excarceración da marca LUKAS.
Unha pick-up contraincendios e salvamento deseñado para intervencións en lugares de difícil acceso, dispón de bomba de alta presión e depósito con capacidade para 375 litros de auga.
Dous vehículos todoterreos para transporte de persoal e material.
Un remolque lixeiro de caixa aberta.
Traxes e cascos ignífugos.
Equipos de respiración autónoma.
Extintores.
Equipos de escalada e espeoloxía.
Equipos de primeiros auxilios.
Grupos electróxenos e bombas de achique.
Equipos portátiles e fixos de comunicación.
Material de sinalización e balizamento.

ONDE  ESTAMOS:

Mercado do gando, s/n
15840 Santa Comba
Teléfono: 981 88 12 67  Fax: 981 88 12 67
Enderezo elctrónico: proteccióncivil@santacomba.es
QUEN PRECISE DA NOSA AXUDA PODE SOLICITALO DIRECTAMENTE OU A TRAVÉS DO SERVIZO DE EMERXENCIAS 112