BASES CONTRATACIÓN PERSOAL DOCENTE
Gañadores do XXVI Concurso de Postais de Nadal do Concello de Santa Comba
🎄 Xa temos aos artistas gañadores do XXVI Concurso de Postais de Nadal do Concello de Santa Comba!
📌 Onte, na Casa da Cultura de Santa Comba, o xurado composto por representantes de das asociacións Axio Mouro, Sen Cancelas Teatro, Unha amiga unha aperta, Xubilados de Santa Comba e Castro de Boaña decidiu por unanimidade conceder os seguintes premios:
1º PREMIO: Inés López Seijas (CPR Plurilingüe Ntra. Sra. Inmaculada).
2º PREMIO: Alonso Gerpe Castro (CEIP Barrié de la Maza).
3º PREMIO: Laura Barrientos Ramos (CPR Plurilingüe Ntra. Sra. Inmaculada).
3º PREMIO: Pedro Negreira Martínez (CEIP Barrié de la Maza).
👏 Queremos felicitar a tod@s @s participantes polo fantásticos traballos: creativos, alegres e cargados de valores.
✨ Como todos os anos, a postal gañadora do 1º premio será utilizada polo Concello de Santa Comba como felicitación institucional do Nadal 2024 e chegará a todas as nosas casas.
🎁 A entrega de premios terá lugar este xoves, 5 de decembro, ás 19:00 h diante da Casa da Cultura, coincidindo co acto do acendido do alumeado do Nadal.
🎨 Ademáis das gañadoras, as outras 50 postais seleccionadas polo xurado estarán expostas na Casa da Cultura durante todas as festas de Nadal.
🎉 Parabéns a todos e todas os participantes!