DETRÁS DA CANCIÓN (Curso de música caseira)

                                                     DETRÁS DA CANCIÓN (Curso de música caseira)

 

Domingo, 20 de marzo

Obradoiro: Telecentro de Santa Comba, 17.00h.

Concerto: Salón actos do Edificio Multiusos, 20.00h.

'Detrás da canción' é unha actividade destinada á mocidade. Pretende demostrar que compoñer cancións e gravalas é algo que calquera pode facer cunha mínima calidade e que o galego é un idioma tan válido coma calquera outro para a expresión musical. Consiste nun curso de música caseira, dirixido por Carlos Valcárcel, 'Projecto Mourente', no que se explica cómo compoñer, gravar e colgar unha canción na internet e, posteriormente, nun concerto acústico de The Homens.A actividade conta co financiamento da Xunta de Galicia a través do programa Bocaberta, da Secretaría Xeral de Política Lingüística

 Inscrición: Na web de Detrás da canción, http://detrasdacancion.info/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *