981880075
Seleccionar página

O Concello de Santa Comba, en colaboración coa Dirección Xeral do Catastro, ofrece un novo servizo ós seus veciños. Trátase do Punto de Información Catastral. Isto supón que o propio concello poderá obter certificacións e consultas sobre datos catastrais non só literais ou alfanuméricos, senón tamén cartográficos, co que se evitarán, así, desprazamentos ás instalacións da propia Dirección Xeral, ó tempo que se lles facilitará o acceso ás persoas que non dispoñen de medios telemáticos que lles permitan a consulta a través da Oficina Virtual do Catastro.

Lugar: Casa da Cultura, Avda. Alfonso Molina s/n, 15840, Santa Comba

Horario: De 10:00 h a 13:00 h

Teléf: 981 880 275

0 comentarios