Xuntanza de alcaldes polas axudas polos temporais
Os rexedores decidiron presentar unha alegación conxunta.
O concello de Santa Comba acolleu unha xuntanza de alcaldes da zona , que despois de analizar o decreto que regula as axudas polos efectos dos temporais deste ano, decidiron solicitar ao Ministerio do Interior, mediante unha alegación conxunta, a inclusión destes municipios da referida orde (INT/70172014) publicada no BOE.
O alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira considera “xusto e razonable” que o goberno central atenda esta petición “porque os temporais de vento deixaron desperfectos importantes nesta comarca” e puxo como exemplo os danos causados no seu concello que afectaron a vías e bens e incluso orixinando destrozos cuantiosos no edificio multiusos local.