981880075
Seleccionar página


Necesaria colaboración veciñal

Santa Comba lidera o ránking de puntos de lume na provincia.

 

“Santa Comba é o concello da provincia con máis puntos de lume”. Así se expresaba o alcalde, Antonio Landeira esta pasado luns nun encontro-coloquio a varias bandas, que se celebrou no Multiusos e que tivo por obxetivo “buscar solucións” ante os incendios. Porque quedou patente que para as autoridades o concello xalleiro constitúe un serio problema.

 

Na mesa presidencial estaban o Alférez do posto de Noia, Julio Pinilla, o alcalde xalleiro, Antonio Landeira, así como a responsable do Distrito forestal V, Sara Romero, e membros do Seprona.Non faltou o concelleiro de Medio Rural, Juan Carlos Landeira(PP), nin representantes de Protección Civil, Policía Local e a Garda Civil xalleira. A chamada tamén asistiron representantes veciñais de distintas parroquias, e das sociedades de Caza e de Pesca.

 

Na xuntanza quedou claro que Santa Comba ten tres puntos quentes de incendios: Freixeiro, Bazar e Cícere. Pero tamén son zonas perigosas Xallas de Castriz, Grixoa, e Grixoa de Esternande. Despois do debate decidiuse organizar varios charlas informativas, así como participar na asamblea dos cazadores para concienciar do problema.

 

Tanto Julio Pinilla como Antonio Landeira solicitaron a colaboración veciñal para trasmitir o falado na xuntanza e tamén sobre calquer asunto sospeitoso que vexan no monte. A información será confidencial e moi valiosa para as autoridades. Desde o concello de Santa Comba tamén se vai a insistir na concienciación, para tentar erradicar estas prácticas.