981880075
Seleccionar página

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas.

Ofértanse un total de 280 prazas na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra), para as persoas solicitantes das provincias de A Coruña.

Este programa levarase acabo entre o 22 de decembro de 2021 e o 7 de xaneiro de 2022en dúas quendas de 8 días cada unha (7 noites).

A primeira quenda efectuarase no período comprendidoentre o 22 e o 29 de decembro e a segunda entre o 31 de decembro e o 7 de xaneiro.

Para beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:

  • Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
  • Estar empadroado nalgún dos concellos galegos e vivir no seu domicilio.
  • Vivir so no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal.
  • Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da estadía.
  • Estar vacinado fronte á COVID-19 segundo o calendario sanitario vixente.

As persoas participantes asitirán de forma gratuita ao programa

O prazo para a presentación de solicitudes será ata o 15 de novembro de 2021.

DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS

Vivenda Comunitaria c/ Coruña s/n (acceso polo parque infantil)

Con cita no teléfono: 981104309