Entrega das medallas Pedro Ernesto.
Os recoñecementos recaeron na empresaria Isabel Ares e no exconcelleiro e empresario José Antonio Landeira Parafita (in memoriam).Julio César Barcelos falou da "grande significancia que ten o irmanamento", mentras que o alcalde, Antonio Landeira apostou "por revitalizalo irmanamento agora que se cumpren trece anos", tendo palabras de louvanza para Isabel Ares e Pepe Landeira (o seu pai).
Tamén interviu o avogado Manolo Martín que destacou o compromiso coa cultural e coa xente necesitada de Isabel Ares, e a bondade e vontade de traballo de Landeira Parafita. Martín exerceu de padriño para entregar a medalla a Isabel Ares mentres que o propio Barcelos entregou a outra distinción a Tina Gallardo (viúva de Pepe Landeira). As dúas agradeceron emocionadas a condecoración recibida.
Posteriormente a comitiva realizou unha visita a Casa da Pozo, onde o rexedor Antonio Landeira explicou o representante da Cámara de Río de Janeiro os proxectos que pretenden desenvolver nese edificio.
0 comentarios