DESIGNACIÓN MESA CONTRATACIÓN
Visto o concurso público para a contratación da obra “RENOVACIÓN E MELLORA DA REDE DE SUMIIDOIROS, DA REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGA E DE TELECOMUNICACIÓNS E MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA DA ILUMINACIÓN PÚBLICA NO CONTORNO DA PRAZA DE SANTA COMBA”, (nº expediente: CON/5/2010 e código organismo: 29269), aprobados por resolución nº: 612/10, do 31 de marzo de 2010, con corrección de erros materiais (decretos nº 970, do 4 de xuño e 1177, do 29 de xullo de 2010), mediante procedemento aberto con multiplicidade de criterios de adxudicación, cómpre o nomeamento dos membros integrantes da mesa de contratación para a adxudicación de dito concurso, ao abeiro da cláusula 16.1 do prego de cláusulas.
Ao abeiro do artigo 21 e seguintes da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local, o artigo 61 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, en relación coa Disposición adicional segunda da Lei 30/2007 de contratos das administracións públicas (en adiante LCSP) e artigo 21 do RPCSP, así como o artigo 16.1 do prego anteriormente citado, polo Sr. alcalde-presidente ditouse RESOLUCIÓN pola que se nomea como membros integrantes da MESA DE CONTRATACIÓN:
|
TITULARES |
SUPLENTES |
PRESIDENTE |
Concelleiro: don Jacobo Amarelle Barreiro 3º Tenente de alcalde |
Suplente 1º.- Concelleiro, don Javier Facal Calvo Suplente 2º.- Sr. alcalde-presidente, don Miguel Pérez Fernández |
VOCAL 1º |
Concelleiro: don Manuel Ferreiro Fernández Concelleiro-delegado de Obras |
Suplente 1º.- Concelleiro, don José Antelo Vázquez Suplente 2º.- Concelleira, dona Matilde Calvo Suárez |
VOCAL 2º |
Concelleiro: don Manuel García Cancela Concelleiro-delegado de Servizos |
Suplente 1º.- Concelleiro, don José Pose Pazos. Suplente 2º.- Concelleiro, don Manuel Martínez Antelo. |
VOCAL 3º |
Secretaria municipal: dona Natalia Díaz Santín. |
Funcionario/a que o/a substitúa. |
VOCAL 4º |
Interventor/a municipal: don Carlos A. Vega García. |
Funcionario/a que o/a substitúa. |
SECRETARIO |
Funcionario de carreira deste Concello: don Evaristo Lois Rama Adxunto a secretaría. |
Suplente 1º.- Mª del Carmen Castro Reborido. Funcionaria deste Concello. Suplente 2º.- José M. Suárez Mancebo. Funcionario deste Concello. |
Segundo.- Ao abeiro dos artigos 26 e 27 do RPCSP, en relación coa valoración dos criterios de adxudicación reservados a un comité de expertos independentes, nomear como membros integrantes de dito Comité de Expertos, aos seguintes membros:
– Don Manuel Sabín Sabín, arquitecto técnico municipal.
– Don Juan Carlos Carballeira Rifón, enxeñeiro de camiños, portos en canles, asesor técnico externo.
– Don José Antonio Vizcaíno Guillín, enxeñeiro industrial, funcionario da Deputación Provincial da Coruña.
Terceiro.- Notifíquese aos concelleiros/a e membros referidos. Aos efectos de axilidade no procedemento, as xuntanzas da mesa de contratación serán convocadas sos seus membros vía fax ou correo electrónico (art. 16.1 LCSP).
Cuarto.- Publíquese a presente disposición no perfil do contratante.
Quinto.- A apertura de plicas para cualificación da documentación terá lugar o próximo día 10 de setembro de 2010 (venres), ás 10,00 horas.
Por motivos debidamente xustificados, procédese a facer pública a substitución dos vogais 3º e 4º polo seus correspondentes substitutos, que conlevará a modificación do secretario da mesa:
VOCAL 3º |
Secretaria municipal: dona Natalia Díaz Santín. |
Funcionario/a que o/a substitúa. Substituto, don Evaristo Lois Rama, adxunto secretaría. |
VOCAL 4º |
Interventor/a municipal: don Carlos A. Vega García. |
Funcionario/a que o/a substitúa. Substituta, dona Manuela Gil Turnes, administrativa. |
SECRETARIO |
Funcionario de carreira deste Concello: don Evaristo Lois Rama Adxunto a secretaría. |
Suplente 1º.- Mª del Carmen Castro Reborido. Funcionaria deste Concello. Suplente 2º.- José M. Suárez Mancebo. Funcionario deste Concello. |
O que se fai público aos efectos oportunos.
O ALCALDE-PRESIDENTE,
Asdo.: Miguel Pérez Fernández.
0 comentarios