Este programa constitúe a principal “porta de entrada” ós Servizos Sociais, onde recibimos as demandas persoais, familiares … e onde nos encargamos de valorar as situacións de necesidade e os problemas sociais. Así pois, informamos sobre distintos dereitos e recursos en materia de servizos sociais, e orientamos e asesoramos ás persoas e grupos afectados por problemáticas específicas, diagnosticando a situación e derivando, se é necesario, ós servizos sociais de atención especializada.
ÁREAS DE ACTUACIÓN:
Familia, Infancia e Xuventude: Título de familia numerosa, carné familiar, axudas económicas, bolsas do ensino,…
Discapacitados: Pensións non contributivas, prestacións económicas, recoñecemento do grao de minusvalidez, tarxeta de estacionamento, exención do imposto municipal de vehículos, valoración dadependencia …
Maiores: Pensións non contributivas, cheque asistencial, acollemento familiar, vacacións, valoración da dependencia …
Migracións: Axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados, imformación e asesoramento de axudas doutros organismos …
Muller: Axudas económicas, salario da liberdade, estadías de tempo libre …
Comunidade: Prestacións sanitarias do SERGAS, vivenda, axudas a alumnos,…
0 comentarios