A alcaldesa, María Pose e a concelleira de servizos sociais, Esther Espasandín, participaron hoxe nas actividades da xornada adicada ó Día Mundial do Alzheimer, que se celebraron no Auditorio do Edificio Multiusos. Con esta presenza amosaron o seu apoio ás persoas que sufren esta enfermidade e ós seus familiares.
A xornada contou coas ponentes, Ángela Espasandín González (Traballadora Social) e Paula Guzmán Pereira (Enfermeira) que explicaron ó público asistente as caracteristicas da enfermidade, e lles deron pautas ós familiares dos enfermos para o cuidado de persoas con esta doenza.












0 comentarios