O Concello de Negreira en calidade de promotor e en colaboración cos concellos da Baña, Val do Dubra e Santa Comba foi beneficiario dunha subvención para a posta en marcha dun obradoiro dual de emprego denominado VALORA 2026.
Dito obradoiro formará a 20 alumnos – traballadores nas seguintes especialidades:
EOCB0208: Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas .- 12 alumnos
SEAG0209: Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais,- 8 alumnos.
Co obxeto de detallar as Ofertas de emprego para o cadro docente do Obradoiro e que as persoas interesadas non teñan ningún problema para a súa correcta inscrición, detállanse as Ofertas a tramitar:
► POSTO DE DIRECTOR .
13261021 DIRECTORES TÉCNICOS DE CENTRO EDUCATIVO
► POSTO DE DOCENTES DAS ESPECIALIDADES FORMATIVAS.
23291029 FORMADORES DE FORMACIÓN OCUPACIONAL NO REGLADA
23291010 FORMADORES DE FORMACIÓN NO REGLADA
► POSTO DE DOCENTE DE APOIO – TITOR/A
23291038 FORMADORES – TUTORES DE EMPRESA
A data limite para inscribirse na Oficina de Emprego Santiago norte, será ata o vindeiro venres día 25 de setembro, ás 14:00 ou mediante a oficina virtual do servizo público de emprego de Galicia.
A data prevista para o inicio do proxecto, será o 15 de Outubro de 2026. Para máis información contactar cos departamentos de emprego dos concellos colaboradores ( Concello da Baña, Concello de Val do Dubra e Concello de
Santa Comba) e do concello promotor. (Concello de Negreira).