XUNTANZAS INFORMATIVAS
1. Xuntanza do Programa GDR-24 Plan Leader 2007-2013
Con motivo da apertura da convocatoria para a solicitude de axudas ao abeiro do Plan Leader 2007-2013, a Asociación Terras de Compostela e o Concello de Santa Comba realizará unha xuntanza informativa coa intención de expoñer o funcionamento do GDR (Grupo de Desenvolvemento Rural): liñas de actuación, prazos de presentación, requisitos dos proxectos, quen pode ser beneficiario, contías das subvencións,…
– Organizadores: Asociación Terras de Compostela e Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Santa Comba
– Destinatarios: Empresas, emprendedores, entidades asociativas, persoas físicas,..
– Ponentes: José Montes, Ignacio Fernández Dosil, e Josefa Fernández Fernández, presidente, xerente e administrativa-técnico da Asociación Terras de Compostela.
– Lugar e data: Edificio Multiusos, luns 22 de xuño ás 21:00 horas
2. Xornada Centro Comercial Aberto (CCA) de Santa Comba
Co ánimo de levar a cabo a constitución, implantación e desenvolvemento do Centro Comercial Aberto (CCA) de Santa Comba, a Asociación de Empresarios de Santa Comba e o Concello de Santa Comba realizará unha Xornada informativa sobre o seu funcionamento, xestión, posibilidades, etc.
– Organizadores: Asociación de Empresarios de Santa Comba e Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Santa Comba
– Destinatarios: Profesionais do sector comercio e servizos.
– Ponentes: Paula Oreiro -Consultora de Dinamización- do Grupo Isonor
– Lugar e data: Edificio Multiusos, xoves 25 de xuño ás 20:00 horas
Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local. Centro de Cultura . Avda Alfonso Molina, s/n 15840 Santa Comba.
Telf.: 981 81 86 79 – Fax: 981 88 04 01 – E-mail: adl@santacomba.es
0 comentarios