O Master en Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais, está dirixido a titulados universitarios de grao medio ou superior que, pola distribución do seu tempo dispoñible ou pola distancia do seu lugar de residencia, non poden seguir un curso presencial.
Metodoloxía: o/a alumno/a disporá de 9 meses para realizalo curso a través da Plataforma de Teleformación E-RECURSOS www.recursosgalicia.es , durante os cales o/a alumno/a terá total liberdade para realizar os distintos temas desde calquera ordenador conectado a Internet, a calquera hora e dedicándolle o tempo que estime oportuno.
Duración: o/a alumno/a disporá de 9 meses para a realización do curso completo, durante os cales deberá realizar as 350 horas da parte común e as 100 horas para cada unha das tres especialidades:
– 3 meses para a parte común
– 2 meses para cada especialidade
Avaliación e Titulación:
– á finalización do curso realizarase unha proba de avaliación presencial tipo test
– proxecto: o/a alumno/a debe realizar un proxecto por cada especialidade, que deberán ser entregados o mesmo día do exame.
– titulación: unha vez superado o curso, e segundo a lei, o/a alumno/a recibirá a certificación que lle acreditará para exercer as funcións de Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais, homologado pola Xunta de Galicia e de aplicación en todo o territorio nacional.
Prezo: o Concello de Santa Comba asinou un convenio coa empresa Recursos Galicia SL polo cal os residentes do Concello poderán gozar dun 35% de desconto no custo da matrícula con só presentar un certificado de vecindade expedido pola responsable de formación.
MODALIDADE | CUSTE REAL | OFERTA CONCELLO |
Teleformacion | 1.070 € | ¡¡ 695 € !! |
Prazo Matrícula e Forma de Pagamento:
– o curso comezará en outubro e o prazo de matriculación remata o 17 de setembro de 2008!!!!!!
– o pagamento realizarse en tres prazos sen xuros. O primeiro, corresponderá ó 40% do total, que se fará efectivo ó formalizar a matrícula, e dous pagamentos posteriores do 30% ós 30 e 60 días da data de matriculación.
* Poderán obter información complementaria sobre o Master e a ficha de inscrición, na Oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Santa Comba, sita na Casa da Cultura; no telf. 981 818 679 ou a través da dirección de correo electrónico adl@santacomba.es
IMPORTANTE: O PRAZO LÍMITE PARA MATRICULARSE ADIÁNTASE Ó 17 DE SETEMBRO!!!!!!!