981880075
Seleccionar página

O Concello de Santa Comba inicia esta semana unha campaña informativa que ten como principal obxectivo ensinarlles ós veciños como se fai unha correcta separación de refugallos, indicando cales se deben depositar en cada un dos colectores. Para conseguir este fin están enviándose a tódolos fogares do concello unha serie de cartas cun folleto informativo e unha pegatina, mediante as que se agarda poder aclarar tódalas dúbidas que a xente poida ter á hora de separar os refugallos. Como parte da devandita campaña emitiranse ó longo de todo o mes de xuño cuñas informativas na emisora de radio local, na faixa horaria de 12:00 horas a 14:00 horas.

LEMBRA: SEPARAR PARA RECICLAR TODO É EMPEZAR.

0 comentarios