PRÓXIMO INICIO CURSOS PARA ACTIVOS: PLAN AVANZA.
CURSOS PARA ACTIVOS: PLAN AVANZA
O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e o Fondo Social Europeo teñen posto en marcha o Plan Avanza para fomentar a formación dos Profesionais.
O obxectivo principal do proxecto é fomentar o aumento da competitividade dos profesionais a través das novas tecnoloxías da información.
O Concello de Santa Comba, a través de esta iniciativa, dará comezo no mes de xaneiro os seguintes cursos de formación para traballadores ( a excepción dos da Administración Pública ):
– Iniciación nas Novas Tecnoloxías e Internet.
– Aplicacións ofimáticas: procesador de textos. Presentacións.
– Aplicacións ofimáticas avanzadas: folla de cálculo. Base de datos.
Máis información:
OFICINA DE FORMACIÓN E EMPREGO
Casa da Cultura
Teléfono: 981 880275