Os días 14 e 15 de xuño en horario de mañá levaranse a cabo no Concello de Santa Comba varios " CURSOS DE CONDUCIÓN EFICIENTE ", dirixidos a toda persoa interesada que dispoña de carné de conducir de clase B.
Aprenda a aplicar técnicas de condución eficiente que lle permitirán:
– Aforrar un 15% de combustible.
– Aforrar en gastos de mantemento.
– Reducir as emisións contaminantes.
Son cursos gratuitos.
DURACIÓN: cada curso dura 2 horas, con clases teóricas e prácticas en circuito.
ORGANIZA: FAEPAC ( Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña )
PATROCINAN E COLABORAN: Xunta de Galicia, Inega, Dirección General de Tráfico, Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
PRAZO DE INSCRICIÓN: ata cubrir prazas ( 24 en total)
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:
Oficina de Formación e Emprego Casa da Cultura Teléfono: 981 880275