981880075
Seleccionar página

 

 

                                                    PROGRAMA VIVIR O MUNDO : VIVIR EUROPA 2008                          

                                                                              VIAXE A ZARAGOZA 

Ábrese o prazo para inscribirse no programa “Vivir o mundo: vivir Europa”, que a Deputación da Coruña convoca para os rapaces de 10 a 14 anos desta provincia.

 

 INFORMACIÓN XERAL: 

DESTINO: Zaragoza.

OBXECTO: Visita cultural á Expo Zaragoza 2008.

DATA: Do 17 ao 21 de xullo.

DESTINATARIOS: Rapaces de 10 a 14 anos.

Nº DE PRAZAS: O número de prazas adxudicadas ó Concello é de 8 prazas.

COTA DE INSCRICIÓN: 85 €, unha vez confirmada a obtención da praza. 

 

SERVIZOS ENGADIDOS: 

–         Desprazamentos desde os concellos ou puntos comarcais sinalados ate a Coruña e desde esta a Zaragoza en tren e retorno ós mesmos.

–         Visita Cultural:

–        Expo Zaragoza 2008.

–        Basílica do Pilar,  Catedral da Seo…

–         Estadía e manutención en réxime de pensión completa.

–         Persoal cualificado para o desenvolvemento da actividade.

–         Seguro de accidentes e respnsabilidade civil. 

 

SOLICITUDES DE INSCRICIÓN: 

–         Para participar neste programa deberás presentar a ficha de inscrición debidamente cuberta  na oficina de cultura da Casa da Cultura. Tfno.: 981 880 275.

–         Prazo de inscrición: Do 26 de maio ó 20 de xuño de 2008.

–         O sorteo das 8 prazas dispoñibles realizarase o día 24 de xuño ás 12:00 horas no Salón de Plenos do concello.