981880075
Seleccionar página

Subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil
Axuda: Xunta de Galicia
Normativa:
Orde do 22 de maio de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións
destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito
da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais, cofinanciadas pola
Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021 – 2027, e se procede á súa convocatoria para o
ano 2026 (código procedemento TR350E) (DOG núm. 108, do xoves 11 de xuño de 2026)
O Concello de Santa Comba ven de contratar unha persoa moza inscrita Sistema Nacional de Garantía
Xuvenil para o posto de peón de obras públicas, por un período de 9 meses e cunha xornada laboral do
100%.
Esta contratación realízase co financiamento da subvención concedida a este Concello pola Consellería de
Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia ao abeiro da convocatoria de axudas da Orde do 22
de maio de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á
contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da
Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais, cofinanciadas pola Unión
Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021 – 2027, e se procede á súa convocatoria para o ano
2026 (código procedemento TR350E) (DOG núm. 108, do xoves 11 de xuño de 2026).
Os datos básico da axuda concedida son os seguintes:
Número de traballadores : 1
Grupo de Cotización : 10
CNO : 9601
Duración do contrato (meses) : 9
Xornada laboral (%) : 100%
Contía da subvención : 16.902,64 euros
Importe Total : 16.902,64 euros
A contratación da persoa moza traballadora tivo lugar o día 29 de outubro de 2026 por unha duración de
nove meses, polo que o contrato abranguerá ata o día 28 de xullo de 2027.