Plan: Orde do 11 de decembro de 2023 polo que se regula o Plan de rehabilitación de
camiños de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria 2023 – 2024 de
mellora de camiños municipais de zonas de concentración ou reestruturación
parcelaria rematadas, cofinanciado co Fondo Europeo Agricola de de
Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Plan de desenvolvemento rural de
Galicia 2014 – 2020 (código procedemento MR101L) (DOG núm. 242 do venres 22 de
decembro de 2023)
O Concello de Santa Comba ven de realizar a execución das obras comprendidas no Plan de rehabilitación
de camiños de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria 2023 – 2024, cofinanciadas ao amparo
da citada Orde do 11 de decembro de 2023 polo que se regula o Plan de rehabilitación de camiños de
zonas de concentración ou reestruturación parcelaria 2023 – 2024 de mellora de camiños municipais de
zonas de concentración ou reestruturación parcelaria rematadas, cofinanciado co Fondo Europeo Agricola
de de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014 –
2020, agás as partidas correspondentes co IVE, que son financiadas polo Concello de Santa Comba.
As obras comprendidas en dito Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración ou
reestruturación parcelaria 2023 – 2024 son as comprendidas nos proxectos que se indican a continuación:
1.- “PROXECTO DE MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS NA ZONA DE CONCENTRACIÓN
PARCELARIA DE SANTA MARÍA DE ALÓN”, cun valor estimado de 103.955,95 euros e 21.830,75 euros
de IVE (21%), que ascende a un total de 125.786,70 euros; cun prazo de execución de UN (1) mes; con
data de xaneiro de 2024 e redactado polo arquitecto Manuel Rodríguez Mourelle, colexiado núm. 5.096 do
COAG.
As obras comprendidas neste proxecto núm. 1, denominado “Proxecto de mellora de camiños municipais na
zona de concentración parcelaria de Santa María de Alón” foron adxudicadas por Decreto de alcaldía núm.
1235/2024, de data 13 de agosto, polo que se adxudican as obras á mercantil EXCAVACIONES
AGRACASTRO SL, polo importe total de 110.700,00 euros, o que supón unha baixa de 15.086,70 euros.
2.- “PROXECTO DE MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS NA ZONA DE CONCENTRACIÓN
PARCELARIA DE S. PEDRO DE SER, E CÍCERE – GRIXOA – MALLÓN”, cun valor estimado de
49.688,47 euros e 10.434,58 euros de IVE (21%), que ascende a un orzamento base de licitación de
60.123,05 euros; cun prazo de execución de UN (1) mes; con data de xaneiro de 2024 e redactado polo
arquitecto Manuel Rodríguez Mourelle, colexiado núm. 5.096 do COAG.
As obras comprendidas neste proxecto núm. 2, denominado “Proxecto de mellora de camiños municipais na
zona de concentración parcelaria de S. Pedro de Ser, e Cícere – Grixoa – Mallón”, foron adxudicadas por
Decreto de alcaldía núm. 1323/2024, de data 29 de agosto, polo que se adxudican as obras á mercantil
EXCAVACIONES HNOS. SOUTO SL, polo importe total de 38.962,00 euros, o que supón unha baixa de
602,82 euros.
3.- “PROXECTO DE MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS NA ZONA DE CONCENTRACIÓN
PARCELARIA DE FONTECADA, SAN MAMEDE DE BAZAR, E CORISTANCO – SANTA COMBA”, cun
valor estimado de 48.394,12 euros e 10.162,77 euros de IVE (21%), que ascende a un total de 58.556,89
euros; cun prazo de execución de UN (1) mes; con data de xaneiro de 2024 e redactado polo arquitecto
Manuel Rodríguez Mourelle, colexiado núm. 5.096 do COAG.
As obras comprendidas neste proxecto núm. 3, denominado “Proxecto de mellora de camiños municipais na
zona de concentración parcelaria de Fontecada, San Mamede de Bazar, e Coristanco – Santa Comba”
foron adxudicadas por Decreto de alcaldía núm. 1173/2024, de data 29 de xullo, polo que se adxudican as
obras á mercantil EXCAVACIONES AGRACASTRO SL, polo importe total de 51.850,00 euros, o que supón
unha baixa de 6.706,89 euros.
0 comentarios