DECRETO DE ALCALDÍA
Asunto: convocatoria sesión ordinaria Concello Pleno
A Corporación municipal, na sesión organizativa celebrada o día 12 de xullo de 2019, aprobou a fixación e periodicidade das sesións ordinarias do Pleno do Concello, que deberán celebrarse cada dous meses, o 4º venres dos meses impares, ás 20:30 horas (oito e media do serán).
Enterada da relación de expedientes.
Dende hoxe ten á súa disposición na secretaría xeral os antecedentes de que dispoña esta funcionaria relacionados cos asuntos que figuran na orde do día.
RESOLVO
Primeiro.- Convocar a SESIÓN ORDINARIA do CONCELLO PLENO o día 24 DE MARZO DE 2023 (VENRES), ás 20:30 horas (OITO E MEDIA DO SERÁN), en primeira convocatoria, a celebrar no SALÓN DE PLENOS DA CASA DO CONCELLO, coa seguinte
ORDE DO DÍA
1 | PARTE RESOLUTIVA 1.1 – TOMA DE POSESIÓN COMO CONCELLEIRO DE MANUEL RAFAEL LIÑARES GONZÁLEZ 1.2.- APROBACIÓN ACTA/S SESIÓN/S ANTERIOR/ES: – ORDINARIA: núm. 2023/2, do 27 de xaneiro de 2023 – EXTRAORDINARIA E URXENTE: núm. 2023/3, do 13 de febreiro de 2023 A/s acta/s incluída/s no presente punto para a súa aprobación será/n achegada/s xunto coa presente convocatoria. 1.3.- EXPEDIENTE NÚM.: 2023/G016/000001-MODIFICACIÓN ORDENANZA DO SERVIZO DE ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL COA FINALIDADE DE APLICAR O ÍNDICE IPREM AO SERVIZO DE COMEDOR. PROCEDEMENTO: MODIFICACIÓN DE ORDENANZA FISCAL MUNICIPAL REGULADORA DO SERVIZO DE ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL. 1.4- MOCIÓNS |
2 | PARTE DE CONTROL (Non Resolutiva) 2.1.- MOCIÓNS 2.2.- DAR CONTA DECRETOS DE ALCALDÍA: do 39/2023 do 16 de xaneiro de 2023 ata o 330/2023 do 10 de marzo de 2023 (ambos inclusive); ACTAS DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL ORDINARIAS: núm. 2023/02, do 23 de xaneiro de 2023; núm. 2023/3, do 13 de febreiro de 2023; núm. 2023/4, do 27 de febreiro de 2023 e núm. 2023/5, do 13 de marzo de 2023. 2.3.- ROGOS E PREGUNTAS |