981880075
Seleccionar página

V Clásica Gandeira 2025

Este ano, a Carreira Clásica Gandeira de Santa Comba chega cargada de novidades e actividades paralelas, pero sen perder o seu carácter autóctono de sempre. O noso obxectivo é poñer no centro unha experiencia deportiva única e diferencial.

Agardamos que xa empezárades a adestrar, porque desde hoxe xa vos podedes inscribir para participar nesta quinta edición, incluída no XI Circuito da Deputación da Coruña, que se celebrará o domingo 13 de abril.

Categorías escolares, 3K e 10K cos percorridos máis peculiares de Galicia. Este ano, máis verde, máis sostible, máis social e máis nosa, pero sempre naturalmente autóctona.

➡️ Inscríbete desde a web de CCNorte na ligazón que che deixamos aquí abaixo e lembra que ata o 23 de marzo tes desconto!

🔗 https://ccnorte.com/evento/detalle/id/3013/v-clasica-gandeira-santa-comba

Fecha

Abr 13 2025
Finalizdo!

Hora

9:00 am - 6:00 pm

Localización

Rúas de Santa Comba

Categoría

Código QR