981880075
Seleccionar página


O coro San Lucas actuou no noso concello.

O coro San Lucas (San Luc) de Banakintu, Costa de Marfil, ofreceu un concerto o pasado xoves no multiusos de Santa Comba, nunha actividade que se levou a cabo organizada polo departamento de Cultura, que dirixe María Pose, en colaboración coa asociación Egueire.

Os intérpretes e músicos africanos ofreceron un estupendo recital moi aplaudido polos asistentes. Desde Egueire e desde o propio coro San Luc agradeceron a posibilidade de poder actuar para os xalleiros. Por parte do concello, María Pose destacou a calidade da formación.

O grupo marfileño está en Galicia, onde participou nas iniciativas solidarias de Egueire, entre elas a Festa Africana de Mazaricos.