981880075
Seleccionar página

A Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local, ven de publicar as bases reguladoras do PEL-REACTIVA: PROGRAMA ESPECÍFICO DE APOIO Á HOSTALERÍA E AXENCIAS DE VIAXES, consistente en axudas directas de 1.500 euros a microempresas e persoas traballadoras autónomas que cumpran, entre outros, os seguintes requisitos:

  • Figuren dadas de alta no IAE, con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2021, en calquera dos epígrafes das agrupacións 67 (bares e restaurantes), 68 (hospedaxe), Grupo 755 (axencias de viaxe) e epígrafe 969.1 (salas de festa e discotecas).
  • Teñan o seu domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña con menos de 50.000 habitantes.
  • Non resultaran beneficiarias das axudas PEL-REACTIVA: Fondo de Financiamento para a Reactivación Económica e Social da Provincia da Coruña.

As bases poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia nº 72 do 20 de abril de 2021 ou a través da seguinte ligazón:

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2021/04/20/2021_0000003177.pdf

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o vindeiro 3 de maio ás 08.00 horas e ata o esgotamento do crédito dispoñible, a saber, 9 millóns de euros.

As solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da aplicación SUBTeL: https://sede.dacoruna.gal/subtel/

Lembrámoslle que na web https://pel.gal/ e no facebook https://www.facebook.com/PlanEmpregoLocal pode consultar a información actualizada sobre as distintas liñas do Plan de Emprego Local.

Para calquera aclaración ou consulta, poden contactar co equipo do Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña.

Plan de Emprego Local

pel@dacoruna.gal

Tel. 981080509