981880075
Seleccionar página

DECRETO DE ALCALDÍA

Asunto: convocatoria sesión ordinaria Concello Pleno

A Corporación municipal, na sesión organizativa celebrada o día 12 de xullo de 2019, aprobou a fixación e periodicidade das sesións ordinarias do Pleno do Concello, que deberán celebrarse cada dous meses, o 4º venres dos meses impares, ás 20:30 horas (oito e media do serán).

Enterada da relación de expedientes.

Dende hoxe ten á súa disposición na secretaría xeral os antecedentes de que dispoña esta funcionaria relacionados cos asuntos que figuran na orde do día.

RESOLVO

Primeiro.- Convocar a SESIÓN ORDINARIA do CONCELLO PLENO o día 24 DE MARZO DE 2023 (VENRES), ás 20:30 horas (OITO E MEDIA DO SERÁN), en primeira convocatoria, a celebrar no SALÓN DE PLENOS DA CASA DO CONCELLO, coa seguinte

ORDE DO DÍA

1PARTE RESOLUTIVA  

1.1 – TOMA DE POSESIÓN COMO CONCELLEIRO DE MANUEL RAFAEL LIÑARES GONZÁLEZ  

1.2.- APROBACIÓN ACTA/S SESIÓN/S ANTERIOR/ES:

–      ORDINARIA: núm. 2023/2, do 27 de  xaneiro de 2023
–      EXTRAORDINARIA E URXENTE: núm. 2023/3, do 13 de febreiro de 2023  

A/s acta/s incluída/s no presente punto para a súa aprobación será/n achegada/s xunto coa presente convocatoria.  

1.3.- EXPEDIENTE NÚM.: 2023/G016/000001-MODIFICACIÓN ORDENANZA DO SERVIZO DE ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL COA FINALIDADE DE APLICAR O ÍNDICE IPREM AO SERVIZO DE COMEDOR. PROCEDEMENTO: MODIFICACIÓN DE ORDENANZA FISCAL MUNICIPAL REGULADORA DO SERVIZO DE ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL.  

1.4- MOCIÓNS
  2PARTE DE CONTROL (Non Resolutiva)  

2.1.- MOCIÓNS  

2.2.- DAR CONTA DECRETOS DE ALCALDÍA: do 39/2023 do 16 de xaneiro de 2023 ata o 330/2023 do 10 de marzo de 2023 (ambos inclusive); ACTAS DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL ORDINARIAS:  núm. 2023/02, do 23 de xaneiro de 2023; núm. 2023/3, do 13 de febreiro de 2023; núm. 2023/4, do 27 de febreiro de 2023 e núm. 2023/5, do 13 de marzo de 2023.  

2.3.- ROGOS E PREGUNTAS