por Administrador | Nov 19, 2006 | Datos Xerais
Aínda que nun curto tramo de escasos 800 metros o Camiño de Santiago na súa ruta Fisterra-Muxía pasa
por Santa Comba, concretamente, pola parroquia de San Martiño de Fontecada.
Nos diversos estudos que se fixeron para a confección do escudo do municipio constatouse que Santa Comba foi un importante
centro de peregrinaxe, onde os peregrinos eran atentidos na antiga capela de Santa Cataliña, que
estaba situada ó lado da actual Casa Consistorial, así como no antigo e desaparecido hospital de peregrinos
de Castriz. Precisamente, aínda hoxe en día hai un lugar nesa parroquia, a segunda por importancia
do municipio en número de habitantes, que se denomina O Hospital e no propio escudo municipal
figura a cuncha de Santiago.
por Administrador | Nov 19, 2006 | Datos Xerais
Santa Comba está irmandada co concello de Río de xaneiro (O Brasil). Esta importante urbe de América
Latina, unha das máis famosas do mundo, foi destino de moitos xalleiros que foron buscando riqueza
na emigración. Na actualidade, segundo datos oficiais, están censados no Brasil máis de 1.272 veciños
de Santa Comba, dos cales, a maioría, residen en Río de xaneiro. Pero a colonia de xalleiros nesta cidade
calcúlase que pode estar ó redor das 4.000 persoas, incluíndo os descendentes nados na propia cidade.
Eses 1.272 xalleiros que figuran no censo converten a Santa Comba no Concello da provincia da
Coruña que máis veciños ten no Brasil, por riba de concellos e importantes urbes como A Coruña,
Santiago ou Ferrol. Santa Comba limita, entre outros, con Mazaricos, co que fai bisbarra; Negreira, A
Baña, Val do Dubra e Zas, que entre todos achegan 2.389 residentes oficiais no Brasil, unha colonia que
pode chegar ós 8.000 veciños. O negocio principal desenvólvese no sector da hostalaría e moi especialmente
no hoteleiro, sobre todo, nas zonas máis famosas e importantes da cidade, coñecidas en
todo o mundo, como Copacabana, Tijuca, Ipanema, Niterói ou Leblón.
por Administrador | Nov 19, 2006 | Datos Xerais
Santa Comba é un punto neurálxico da movida nocturna no noroeste da provincia da Coruña. Preto de
50 locais de ocio nocturno e tres discotecas concentran a unha media de 5.000 persoas nas noites do
sábado. A rúa Galicia e outras do contorno deseñan unha ruta de ocio nocturno á que é difícil resistirse.
Pero a historia da diversión nocturna en Santa Comba ten máis de 50 anos, cando a actual Disco Xallas
se denominaba Pista Jallas. Chegou a haber movida nocturna os sábados, domingos e luns de feira con
tres salas de festas, a citada Pista Jallas, a Jema 2000 ou a Sala Sumara, que foron testemuñas das actuacións,
entre outros, de Pedrito Fernández, Juan Pardo, Lola Flores, Manolo Escobar, ou os pallasos da tele,
nun momento de máxima popularidade co mítico Fofó. A actual movida despegou nos anos 80 en locais míticos
como o Sótano ou O Teixón, e máis recentemente o que foi o primeiro pub, tal como están concibidos
na actualidade, O Discovery, seguido de locais como A Pedra ou o Catre, xa desaparecido.
por Administrador | Nov 19, 2006 | Datos Xerais
Rica e variopinta gastronomía derivada dos diferentes produtos de labranza do interior unida ós produtos
do mar procedentes das localidades costeiras próximas. Verduras e hortalizas compleméntanse
coas sempre presentes especialidades da zona, carnes de vacún, caprino ou porco, caldo galego, churrasco,
caldeiradas, cocido e os pratos de tempada derivados da caza e pesca fresca do día, tanto de
río coma de mar, especialmente os mariscos e pescado azul. Nos días de feira é tradición que os locais
de hostalaría sirvan como tapas ou pratos do día callos e/ou polbo.
por Administrador | Nov 19, 2006 | Datos Xerais
As feiras de Santa Comba son das máis importantes de Galicia. Celébranse nas dúas alamedas centrais
da vila, ás que lles dá nome, pois son coñecidas por todos como o Campo da feira. Reúnense o sábado
anterior ó primeiro domingo de cada mes e o luns seguinte ó segundo e terceiro domingo de cada
mes preto de 300 postos de feirantes que comercian con todo tipo de produtos, desde alimenticios
ata maquinaria agrícola, pasando por téxtiles, plantas, música, mobles, zapatos, etc. (Falamos máis
amplamente deste tema nun capítulo específico).
por Administrador | Nov 19, 2006 | Datos Xerais
CABALGATA DE REIS:
|
5 de xaneiro.
|
BAILE INFANTIL DE DISFRACES:
|
Domingo de entroido.
|
POXA DE XOVENCAS DE RAZA FRISONA:
|
Unha fin de semana do mes de abril.
|
CAMPIONATO GALEGO DE AUTOCROSS
|
Dúas probas. A primeira, a carreira inaugural do calendario
|
|
da Federación Galega de Automobilismo un sábado de
|
|
primeiros de abril e outra a mediados de setembro.
|
TORNEO INFANTIL DE FÚTBOL 7:
|
Un sábado do mes de xuño.
|
SEMANA CULTURAL:
|
Semana anterior ás festas patronais de Santa Pedro.
|
FESTAS PATRONAIS DE SAN PEDRO:
|
29 e 30 de Xuño e 1 de xullo.
|
EXPOMÓBIL:
|
Nunha fin de semana do mes de xuño.
|
CERTAMES ESCOLARES:
|
Redacción, Pintura e Postais de Nadal. Durante o curso escolar.
|
Nota: Algunhas destas actividades son organizadas por outras entidades ou organizacións coa colaboración do concello.
|