981880075
Seleccionar página

Radio Xallas retomará a emisión despois do paréntese veraniego con unha programación que ocupará unha hora máis que ata agora, e que foi totalmente renovada coa información e a música como os eixes que ocupan os seus espacios.

Os veciños de Santa Comba e a súa área de influencia poderán conectarse ó 107.5 de FM a partir das dez da mañá, hora na que se informará dos principais titulares da prensa galega. A continuación Xosé Manuel Lema encargarase do Espazo musical adicado a ritmos diferentes cada día da semana. Así, o luns será o tempo das bandas e outras músicas, o martes das melodías máis actuais, o miércoles do rock e o heavy, o xoves das orquestras e o venres do folk.

Ás once da mañá ofrecerase un informativo con noticias a nivel autonómico e dez minutos despois chegará un magacine que cada día estará adicado a un tema específico. Xosé Manuel Lema falará con expertos sobre o agro os luns, nutrición e saúde os xoves e o mundo animal os venres; mentres que José Manuel Vázquez ‘Huelvis’ tratará de desvelar as claves turísticas da contorna cada martes e José María Suárez ocupará un espazo sobre consumo os mércores.

A música regresa á parrilla de Radio Xallas ás once e media da mañá da man de Manuel Vilariño que se centrará nos ritmos actuais e tamen dos anos 70, 80 e 90.

E de novo a información con noticias locais centrará a programación ás doce da mañá intentando desgranar tanto o xa acontecido como anunciando a axenda das próximas actividades, ó tempo que se dará conta das previsións do tempo, as ofertas de emprego e ata das esquelas.

A continuación, e xa para pechar a xornada, Radio Xallas emitirá un programa deportivo chamado Santa Comba en xogo que presentará Roberto Carlos Suárez ‘Ruper’ os luns e o venres, os martes será o turno de José María Suárez con Recunchos da historia e o mércores haberá entrevistas con persoeiros destacados do municipio no espazo chamado Xalleiros que correrá a cargo de Xosé Manuel Lema, quen tamén se encargará do programa do xoves adicado ás empresas asentadas en Santa Comba.

Con estas novidades Radio Xallas pretende ofrecer unha programación de tres horas áxil e atractiva para despertar o interese dos veciños de Santa Comba e a súa contorna.