O alcalde de Santa Comba, convoca a veciños/as e comerciantes das zonas aledañas á Praza de Santa Comba para unha xuntanza que se celebrará o vindeiro venres día 11 de agosto no auditorio do Multisusos ás 21:00
O motivo da xuntanza será a de consensuar a prohibición de aparcar na praza arbolada co fin de humanizar esa zona e crear un espacio seguro e de encontro para a nosa xente.
En conxunto, buscaremos posibles reubicacións para esas prazas de aparcadoiro.