981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Grazas por esta marea de solidariedade

0


Unha gala benéfica moi exitosa celebrada en Santa Comba

O concello de Santa Comba quere facer un agradecemento público a tódalas persoas que participaron na “Gala Benéfica”· que se celebrou o pasado sábado 17 de maio nas inmediacións do recinto feiral e que foi un auténtico éxito de participación e unha mostra do sentimento solidario que existe en Santa Comba, na comarca e en toda Galicia.

O alcalde Antonio Landeira amosouse “inmensamente satisfeito” porque “a xente respaldou o evento” e “grazas a esta iniciativa recadáronse milleiros de quilos de distintos produtos que servirán para axudar a moitas familias necesitadas”.

“Sen dúbida son uns días para sentirse orgulloso” indicou Landeira, que tamén agradeceu o traballo de entidades como a Fundación Amigos de Galicia e Cáritas, e reiterou “a vontade do noso goberno de seguir colaborando activamente con elas”. O rexedor tampouco se quixo esquecer de El Combo Dominicano e Metrópolis, que coa súa música fixeron posible a celebración da gala.

Desde Cáritas Santa Comba sumáronse aos parabéns e destacaron “o compromiso e o comportamento exemplar amosado pola xuventude” que demostrou o seu talante solidario neste evento.

A Gala Benéfica permitiu recolectar uns 50 produtos diferentes. Xuntáronse 1307 litros de aceite, 2361 litros de leite, 727 paquetes de pasta ou 361 de arroz. As doazóns de aceite e leite serán repartidas a partes iguais entre Amigos de Galicia e Cáritas e achegados as familias necesitadas que atenden estes dous colectivos nesta zona. O resto dos alimentos serán distribuídos por Cáritas.Desde este colectivo tamén agradeceron as aportacións realizadas polas firmas Gadis, Eroski e Carbónicas Landeira.

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR