Entregáronse os premios do concurso de escaparates


Isabelle Noivas, Noivas Sole Mouro e Inés Castro foron as gañadoras.

O concello de Santa Comba entregou os premios do concurso de escaparates do nadal.

Isabelle Noivas, Noivas Sole Mouro e Inés Castro foron as gañadoras.

O multiusos xalleiro acolleu o pasado xoves o acto de entrega dos premios da sexta edición do concurso de escaparates do nadal que convocou o concello de Santa Comba, e organizado desde a concellaría de Comercio, Turismo e Promoción do Emprego que dirixe Jacobo Amarelle Barreiro.
 

Nesta edición o primeiro premio de 500 euros e trofeo recaeu en Isabelle Noivas. O segundo escaparate mellor valorado foi o de Noivas Sole Mouro(300 euros máis trofeo) e o terceiro o de plantas e flores Inés Castro(150 euros e trofeo).
 
No acto de entrega estivo presente o concelleiro Jacobo Amarelle, o Presidente da Federación de empresarios da Costa da Morte, José Gabín Martínez, e o máximo responsable dos empresarios xalleiros, Oliver Silvariño Pose. Disculpou a súa ausencia o alcalde, Antonio Landeira.

 

O concurso de escaparates promovido polo concello contou coa colaboración da asociación de empresarios de Santa Comba, e foi coordinado polo axente de emprego e desenvolvemento local, Herminio Blanco Agra.

Máis fotos no Facebook co concello de Santa Comba

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *